Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Logo de contratar nunha axencia de viaxes un cruceiro para as vacacións de toda a familia e mais un seguro ante a posibilidade de que xurdise un imprevisto, arrepentinme. Por iso, un mes antes da saída anulei a viaxe e informei da anulación como correspondía á axencia e á aseguradora enviándolles toda a documentación. A axencia devolveume o 50% dos cartos e o seguro, o 30%. Como considero que me deben devolver a totalidade do diñeiro que lles adiantei, iniciei unha reclamación. Non obstante, a aseguradora remíteme a outras oficinas no estranxeiro e dende alí non me contestan. Non sei onde me dirixir, xa que, ata dende o Ministerio de Economía, me invitan a que traslade as miñas queixas ás oficinas no estranxeiro.
O texto refundido da Lei de consumidores e usuarios di, en relación ás viaxes combinadas, que o consumidor poderá anular os servizos contratados, con dereito á devolución das cantidades aboadas, sempre que se indemnice ao organizador nos seguintes supostos:
Neste caso non hai por que pagar unha penalización, aínda que si lle corresponde ao afectado aboar os gastos de cancelación. Pero antes debería ler o contrato e solicitarlle á axencia e por escrito unha aclaración sobre os cálculos practicados para descontar o 50% do importe total e a súa xustificación. Por outra banda, o seguro cobre a totalidade da multa cargada ao consumidor ata chegar ao importe máximo indicado na póliza, aínda que en caso de renuncia á viaxe por enfermidade se descontaría o 20% do total da multa, non do custo da viaxe. Se se verifica este último suposto, recoméndase reclamarlle ao seguro a corrección á alza da súa indemnización. Tamén se pode acudir a unha Oficina de Información ao Consumidor para a tramitación e coordinación das dúas reclamacións e, en última instancia, para optar á celebración dun xuízo verbal.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI