Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Taxis: comparadas as tarifas e realizada unha proba práctica de 180 traxectos en taxi en 18 cidades: As tarifas do taxi subiron nun ano catro veces máis ca o IPC

O prezo medio aumentou no último ano un 5,2%, cando o IPC anual foi do 1,4%. A calidade do servizo mellorou, pero case catro de cada dez taxis non expuñan as súas tarifas, malia a que é obrigatorio

  O transporte público máis cómodo, o taxi, nunca foi económico, pero cada ano que pasa tórnase máis caro para os usuarios. Malia que o IPC acumulado no último ano foi do 1,4%, as tarifas dos taxis españois subiron de media un 5,2%, case catro veces máis. En realidade, os prezos que cobran os taxis varían moito dunhas cidades a outras (0,65 euros custa cada quilómetro percorrido en horario diúrno en Bilbao e en San Sebastián, mentres que sae a case 1 euro en Madrid, Alacante e Valencia), xa que cada concello aplica tarifas distintas, amais de que establecen os seus propios criterios no tocante a baixadas de bandeira (os extremos: 3,64 euros para cada carreira diúrna en Vitoria, e cero euros en Bilbao e en San Sebastian) e carreiras mínimas (a máis cara, en San Sebastián, sae a 4,65 euros, mentres que en varias cidades non existe este concepto), ou ambas as dúas á vez, e fixa así mesmo diversos prezos para unha serie de suplementos (extras por equipaxe, transporte de animais, percorridos nocturnos ou na fin de semana, viaxes a estacións e aeroportos) que, no seu caso, se engaden ao prezo da carreira. As tarifas, polo tanto, non só encareceron máis do desexable, senón que son unha lea para o usuario.

Aínda así, a profesionalidade dos taxistas e o confort que ofrecen os seus vehículos parecen mellorar. Así o revela a comparación de dúas probas prácticas realizadas por CONSUMER EROSKI: unha, a incluída neste informe, e outra, no 2005. O punto fraco do servizo segue a ser a información que, ao igual que acontecía hai catro anos, é insuficiente: case catro de cada dez taxis non expoñen as tarifas nun lugar visible para o usuario, aínda que a lei os obriga a facelo.

  Estas son as conclusións do informe de investigación desta revista sobre o servizo de taxis en 18 cidades: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Granada, Logroño, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. A proba práctica realizada polos técnicos de CONSUMER EROSKI consistiu en 10 traxectos en cada cidade, dous deles nocturnos, con vehículos diferentes para a ida e para a volta. A proba efectuouse nun día laborable e mais nun día de fin de semana; en total, completáronse 180 percorridos en taxi, sempre un dos seguintes cinco: do centro da cidade a un hospital, dun hotel céntrico ao aeroporto, e dunha parada céntrica a unha estación de ferrocarril ou bus e a un centro ou zona comercial. Ademais, solicitóuselles aos concellos das 18 cidades datos relacionados co servizo de taxi (número de licenzas, número de taxis adaptados a usuarios minusválidos, subvencións...), información que os concellos de Granada, Oviedo, Madrid e Santander se negaron a facilitar malia á reiteración na solicitude por parte desta revista.

A valoración global do servizo de taxi queda nun aceptable, que só chega ao 'ben' nos apartados de calidade e limpeza. Por cidades, os taxis que mellor nota mereceron na proba práctica (cun "ben" de media), foron os que se colleron na Coruña, en Alacante, Barcelona, Granada, Madrid, Málaga, Oviedo, Pamplona, Sevilla, Valencia e Zaragoza, mentres que os de Bilbao, Logroño, Murcia, San Sebastián, Santander, Valladolid e Vitoria quedaron na cualificación inmediatamente inferior, o 'aceptable'.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto