Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

6 mostras de manteiga e catro de margarina, analizadas: Mellor margarina ca manteiga

A margarina ten menos graxa e achega menos calorías. Ademais, o perfil da súa graxa é máis saudable, ao ter menos graxas saturadas e menos graxas trans. Sae máis barata, úntase mellor, e non foi inferior na cata

Dez margarinas e manteigas

ARIAS, manteiga

 
  • Envase de plástico, de 10 unidades de 12,5 gramos cada unha. Sae a 9,11 euros o quilo, a segunda máis caro das 11 mostras deste comparativo.
  • Alegacións nutricionais: "Fonte natural de vitamina A".
  • Etiquetaxe incorrecta: non presenta o lote en forma de catro letras. Aínda que non sexa obrigatorio, indica os seus ingredientes: nata e fermentos lácticos.
  • A de máis graxa (84% do produto) e a máis enerxética, con 754 calorías cada cen gramos, se ben todas teñen un poder calorífico similar.
  • Case o 70% da súa graxa é saturada. Graxas trans (naturais): 2,4% da graxa.
  • Na cata acada 6,1 puntos: gusta pola súa "cor" e non é criticada en ningún parámetro.

BREDA, manteiga

 
  • Lata de 500 gramos, sae a 8,32 euros o quilo.
  • Alegacións nutricionais: "Sen sal" (efectivamente, ten só o 0,04% de sal).
  • Etiquetaxe incorrecta: non presenta o lote en forma de catro letras.
  • Case o 83% do produto é graxa. É unha das mostras con maior proporción de graxa saturada (representa o 70% da graxa).
  • As graxas trans (naturais), aínda menos saudables ca as saturadas, representan o 2,4% da graxa.
  • Na cata consegue 6,9 puntos: gusta por ser "saborosa" e por "cremosa" e non recibe críticas en ningún parámetro.

PASCUAL, manteiga

 
  • Tarro de 250 gramos, sae a 7,88 euros o quilo e é unha das manteigas máis baratas.
  • Alegacións nutricionais: "Fonte de vitaminas A, D e E".
  • Etiquetaxe incorrecta: non expresa a cantidade total de materia graxa en porcentaxe (a mención que fai é "Min. 80% M. G".). *Ademais, facer unha alegación nutricional ("fonte de vitaminas...) obrígaa a incluír a listaxe de ingredientes, esixencia que incumpre.
  • O 83% do produto é graxa, e é unha das manteigas con maior proporción de graxa saturada (o 70% da graxa total). As graxas trans (naturais) representan o 2,4% da graxa.
  • Na cata foi unha das dúas peores, ao obter só 5,6 puntos: gusta polo seu "sabor" e "cor" pero é criticada porque "non se estende ben".

CENTRAL LECHERA ASTURIANA, manteiga

 
  • Tarro de 250 gramos, sae a 8,43 euros o quilo.
  • Etiquetaxe incorrecta: facilita a información mediante a composición nutricional, pero non o fai tal e como esixe a norma (Materia graxa total, en porcentaxe).
  • A manteiga máis graxa (86%) e enerxética (772 calorías cada cen gramos), se ben en ambos os dous parámetros todas as comparadas son similares.
  • Na cata foi unha das dúas peores, con só 5,5 puntos: gusta pola súa "cor" pero foi criticada porque "non se estende ben".

PRÉSIDENT, Manteiga doada de untar

 
  • Tarro de 250 gramos, sae a 7,43 euros o quilo e é a manteiga máis barata das comparadas.
  • Dentro das manteigas, a mellor opción.
  • Etiquetaxe incorrecta: non indica o lote en forma de catro letras.
  • Unha das manteigas menos graxas (82%) e caloríficas (735 cal/100 gramos), se ben en ambos os dous parámetros son todas similares.
  • Na cata revelouse como a manteiga máis preferida e como unha das tres mellores mostras de todo o comparativo: logrou 6,9 puntos e gustou pola súa "cor" sen ser criticada en ningún parámetro.
  • Pero tampouco foi eloxiada por resultar máis doada de estender.

ARIAS, manteiga doada de untar

 
  • Tarro de 250 gramos, sae a 9,28 euros o quilo e é a máis cara das comparadas.
  • Etiquetaxe incorrecta: non presenta o lote en forma de catro letras. Aínda que non sexa obrigatorio indica os seus ingredientes: nata e fermentos lácticos.
  • O 83% é graxa. É unha das manteigas con menos proporción de graxa saturada (66% da graxa total) pero tamén unha das máis enerxéticas (748 calorías cada cen gramos), se ben nos tres parámetros todas as comparadas son similares.
  • Na cata cualifícase con 6,5 puntos: gusta polo seu "sabor" e non é criticada en ningún dos parámetros estudados. Pero tampouco foi eloxiada por resultar máis doada de estender.

LIGERESA, margarina vexetal ligera

 
  • Tarro de 250 gramos, sae a 5,10 euros o quilo. É a mellor relación calidade-prezo de todo este comparativo.
  • Alegacións nutricionais: "con vitaminas A, D e E", e "todo o sabor, menos calorías".
  • Na listaxe de ingredientes indica leite desnatado. Engade vitaminas E, A e D, e faino en cantidade conforme á declarada.
  • É, con notable diferenza, a mostra con menos graxa (só representa o 40% do produto) e a menos enerxética (364 calorías cada cen gramos, cando as outras margarinas superan as 500; e as manteigas, as 730 calorías cada cen gramos) e unha das máis saudables (o 27% da graxa é saturado e o 0,7, graxas trans).
  • Un pequeno pero: aínda que non contén unha cantidade excesiva de sal (0,73%) é a mostra máis salgada das dez comparadas.
  • Na cata logra 6,9 puntos e é unha das tres (das once comparadas) máis preferidas: gusta por ser "doada de estender" e pola súa "cor" e non é criticada en ningún parámetro.

TULIPÁN

 
  • Margarina tres cuartos co 61% de graxa.
  • Tarro de 250 gramos, sae a 3,93 euros o quilo, é a máis barata de todo o comparativo.
  • Alegacións nutricionais: "con calcio, leite e vitaminas A-D-E".
  • Etiquetaxe correcta: Na lista de ingredientes indica leite desnatado e sales de calcio. Engade vitaminas A, D e E e en cantidade conforme á declarada. Particularmente enriquecida en calcio (1326 ppm, partes por millón).
  • Na cata consegue 6,4 puntos, gusta por ser "doada de estender" e pola súa "cor" e non é criticada en ningún dos parámetros.

ARTUA

 
  • Materia graxa para untar 55%
  • Tarro de 250 gramos, sae a 5,13 euros/quilo.
  • Alegacións nutricionais: "sen colorantes".
  • Ten o 57% de graxa, e dela é saturada o 35%, a maior proporción dentro das margarinas e, polo tanto, o perfil lipídico menos saudable, se ben moito mellor ca o das manteigas (próximo ao 70% de graxa saturada).
  • Declara un 51% de aceite de xerme de millo (é a única margarina que informa da -parte da, neste caso- graxa vexetal que utiliza) e é a única margarina que asegura non conter colorantes, se ben indica outros aditivos (emulxentes, conservante, aromas) presentes nas outras.
  • Engade vitaminas E, A e D e é a única que contén B2; en todas, a cantidade é conforme coa declarada.
  • Na cata obtén 6,2 puntos, gusta por ser "doada de estender "e non é criticada en ningún parámetro.

FLORA

 
  • É unha "margarina tres cuartos" co 60% de graxa.
  • Tarro de 250 gramos, sae a 5 euros o quilo.
  • Alegacións nutricionais: "100% vexetal", "con folic B e Omega 3 e 6".
  • Engade vitaminas E, A e D e tamén (é a única que as contén) B9, B6 e B12. En todas elas, a cantidade é conforme coa declarada.
  • A alegación "con Omega 3 e 6", aínda sendo certa, confunde por partida dobre: estas graxas tamén as conteñen as outras margarinas, e ademais son omegas de cadea curta, e non os que preveñen as enfermidades cardiovasculares, que son os EPA e DHA.
  • Ten abundante graxa (60%), pero o perfil da súa graxa é o máis saudable, polo escaso contido en graxa saturada (só o 21% da graxa, cando no resto de margarinas vai dende o 27% ata o 35%; e nas manteigas roza o 70%) e pola súa proporción de graxa trans (0,7% da graxa, igual ca o resto de margarinas, pero moito menos ca as manteigas, que teñen entre o 2,3% e o 2,7% de graxas trans). É a margarina con menos sal, o 0,2%.
  • Na cata acada 6,8 puntos e figura entre as tres mostras máis preferidas: gusta por "doada de estender" e non foi criticada en ningún parámetro.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto