Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un veciño leva o seu Concello aos tribunais polo elevado nivel de ruído dos servizos de limpeza

 Un cidadán púxolle unha reclamación ao seu Concello polos niveis de ruído que sufría no seu domicilio por mor do servizo de limpeza viaria cada domingo dende as 6:30 h ata as 8-8:30 h. Como o Concello non comezou ningunha actividade para reducir os ruídos, acudiu aos tribunais e alegou a vulneración do seu dereito á inviolabilidade do domicilio, o dereito á intimidade e á integridade física durante máis de dous anos. No xuízo probouse que o servizo consistía na limpeza mediante máquinas varredoras -que producen ruído co seu sistema de aspiración- e cun camión cisterna ao que se adapta unha mangueira moi ruidosa. O Tribunal Supremo, en sentenza do 26 de novembro do 2007, ditaminou que escoller a solución máis económica por parte das administracións públicas non só é posible, senón aconsellable, pero non cando esa elección supoña pór en risco a saúde ou a intimidade do domicilio dos cidadáns. Coida, xa que logo, que se produciu a vulneración do dereito á intimidade domiciliaria, de acordo ao artigo 18 da Constitución. Por iso, condena o Concello a indemnizar o afectado con 10.000 euros.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto