Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O banco non me concede o crédito e podo perder a metade do sinal

Hai un tempo asinei un contrato de reserva de vivenda, pero agora que se achega o momento de asinar o contrato definitivo o banco non me concede a hipoteca. Xa me resignei a non mercar a casa, pero o contrato especifica que de se botar atrás ela a promotora débeme devolver os cartos máis xuros, mentres que de renunciar eu perdo 3.000 euros, a metade do que entreguei. Podería impugnar a cláusula?

  Segundo o texto refundido da Lei de consumidores, considéranse cláusulas abusivas as estipulacións non negociadas de xeito individual que, en contra das esixencias da boa fe, causen, en prexuízo do consumidor e usuario, un desequilibrio dos dereitos e obrigas das partes que se deriven do contrato. E especifica a Lei que son abusivas, entre outras, as cláusulas que determinen a falta de reciprocidade no contrato, así como as que supoñan a retención de cantidades aboadas polo consumidor e usuario por renuncia, sen contemplar a indemnización por unha cantidade equivalente de se botar atrás o empresario, e mais a imposición dunha indemnización desproporcionadamente alta ao consumidor que non cumpra as súas obrigas. A consecuencia do carácter abusivo é que serán nulas de pleno dereito.

Neste caso hai que ter en conta que declarar nula a modalidade de cálculo da penalización que se lles impón ás partes non significa que non vaia haber penalización ningunha para o consumidor, nin tampouco que se vaia impor automaticamente unha penalización baseada no pagamento dos xuros por igual para ambas as dúas partes. Un contrato debe ser cumprido e, en caso de incumprimento, a Lei -en ausencia de pactos válidos no contrato para regular as súas consecuencias- establece o pagamento das perdas e danos reais que acredite a parte prexudicada. Por iso é conveniente notificar o seu desistimento de xeito fidedigno e procurar un acordo coa promotora para reducir a penalización. En caso de non o conseguires, hai que valorar mediante un avogado a posibilidade de ir a xuízo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto