Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Bibliotecas públicas: analizadas as instalacións e servizos de 100 centros en 18 cidades españolas: Unha de cada catro bibliotecas suspende en calidade por mor de carencias nos servizos ofrecidos e na seguridade

Limpeza e mantemento, información e atención aos usuarios e mais accesibilidade para minusválidos, puntos fortes das bibliotecas

Atención aos usuarios, limpeza, accesibilidade y táboa comparativa

Atención axeitada

Os técnicos de CONSUMER EROSKI realizaron unha proba práctica de busca dun libro nos ordenadores-catálogo (elixiuse 'A orixe das especies', de Charles Darwin, para as bibliotecas universitarias e 'O Perfume', de Patrick Süskind, para o resto). En sete bibliotecas, máis da metade das visitadas en Alacante, dúas de Zaragoza e outras dúas de Murcia e Valladolid, os usuarios non podían acceder a un catálogo informatizado. Entre as que si dispuñan deste servizo, en 9 de cada 10 casos os técnicos comprobaron a sinxeleza do seu manexo e a posibilidade de saber se o libro xa llo prestaran a outro usuario ou a localización exacta dese material dentro da biblioteca. Como excepcións, os únicos terminais dispoñibles en tres centros de Cádiz, Zaragoza e Murcia estaban estragados. A mesma proba repetiuse solicitándolles axuda aos empregados. O servizo recibido foi correcto en seis de cada dez centros. Salientan de maneira positiva os visitados en Bilbao, Granada e Oviedo. Pola contra, nalgunhas bibliotecas de Alacante, Cádiz, Madrid, Málaga e Valladolid, o funcionario limitouse a proporcionar indicacións sen especificar onde se atopaba o libro nin acompañar o usuario a buscalo.

Outra proba práctica consistiu en solicitar información para converterse en socio das bibliotecas. Pois ben, só no 47% ofreceron información documental sobre o funcionamento da biblioteca. As que o facían indicaban as condicións de uso do carné de usuario e do servizo de empréstito e mais as sancións impostas polo atraso na entrega dos materiais prestados. Por outro lado, oito de cada dez non avisan os seus socios das novas adquisicións, se ben o 68% das bibliotecas colócanas nunha sección especial para que os usuarios se poidan decatar da súa existencia. Todas as bibliotecas alacantinas analizadas, amais de varios centros de San Sebastián, Granada, Oviedo, Vitoria, Valladolid, Sevilla e Valencia si lles notificaban aos seus socios a chegada deses novos materiais por carta ou mediante correo electrónico.

Un dos puntos febles das bibliotecas españolas é a sinalización. No 79% das estudadas non había follas informativas que indicasen a existencia dun libro de reclamacións, no 63% non se viu unha nota que informase da existencia dunha caixa de suxestións e no 67% tampouco había carteis sobre que facer en caso de emerxencia ou incendio. Ademais, unha de cada cinco carecía de paneis indicadores da situación das saídas de emerxencia e en unha de cada oito nin sequera se anunciaban as normas da biblioteca (apagar o móbil, non comer nin beber dentro das instalacións...).

TÁBOA COMPARATIVA

Valoración media das bibliotecas públicas de cada cidade e cualificacións en cada un dos campos analizados por CONSUMER EROSKI
Ciudades Servizos (1) Información (2) Seguridade (3)
A Coruña Ben Aceptable Aceptable
Alicante Regular Regular Regular
Barcelona Ben Ben Aceptable
Bilbao Ben Moi ben Moi ben
Cádiz Aceptable Regular Aceptable
Córdoba Aceptable Ben Moi ben
Granada Ben Ben Aceptable
Madrid Ben Aceptable Aceptable
Málaga Aceptable Ben Aceptable
Murcia Ben Ben Aceptable
Oviedo Aceptable Ben Regular
Pamplona Aceptable Regular Aceptable
San Sebastián Ben Moi ben Ben
Sevilla Ben Ben Aceptable
Valencia Aceptable Ben Aceptable
Valladolid Regular Aceptable Aceptable
Vitoria Ben Ben Aceptable
Zaragoza Regular Regular Regular
Clasificación media Aceptable Ben Aceptable
Ciudades Limpeza (4) Accesibilidade (5) Valoración final
A Coruña Moi ben Ben Ben
Alicante Regular Moi ben Regular
Barcelona Moi ben Excelente Ben
Bilbao Moi ben Excelente Moi ben
Cádiz Ben Ben Aceptable
Córdoba Moi ben Aceptable Ben
Granada Moi ben Ben Ben
Madrid Moi ben Moi ben Ben
Málaga Moi ben Aceptable Aceptable
Murcia Ben Ben Ben
Oviedo Moi ben Ben Aceptable
Pamplona Ben Regular Regular
San Sebastián Moi ben Ben Ben
Sevilla Ben Regular Aceptable
Valencia Moi ben Ben Aceptable
Valladolid Ben Ben Aceptable
Vitoria Moi ben Moi ben Ben
Zaragoza Aceptable Ben Regular
Clasificación media Moi ben Ben Aceptable

1. Servizos: comprobáronse as prestacións que as bibliotecas lle ofrecían ao usuario: tipo de empréstito, ordenadores-catálogo, salas de grupo, hemerotecas, videotecas, fonotecas, acceso a Internet, fotocopiadoras, consigna, material impreso e audiovisual, etc

2. Información e atención ao usuario: tívose en conta a información que se lle ofrecía ao usuario sobre as prestacións que podían atopar nas instalacións por medio de carteis, paneis informativos e taboleiros de anuncios. Ademais, valorouse o trato dispensado polos empregados das bibliotecas analizadas.

3. Seguridade: comprobouse a dotación de sistemas de seguridade (saídas de emerxencia, extintores, cámaras, vixiantes, etc.)

4. Limpeza e mantemento: os técnicos tiveron en consideración o estado no que se atopaban as instalacións exteriores e interiores e mais o funcionamento dos distintos servizos (postos de vídeo, de audio, ordenadores-catálogos, etc.).

5. Accesibilidade: reparouse en se as bibliotecas visitadas estaban adaptadas a persoas con minusvalidez (con ramplas, aseos adaptados, carteis escritos en braille, etc.).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto