Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Bibliotecas públicas: analizadas as instalacións e servizos de 100 centros en 18 cidades españolas: Unha de cada catro bibliotecas suspende en calidade por mor de carencias nos servizos ofrecidos e na seguridade

Limpeza e mantemento, información e atención aos usuarios e mais accesibilidade para minusválidos, puntos fortes das bibliotecas

Seguridade, horarios e servizos dixitais

Seguridade e horarios mellorables

  O edificio da biblioteca debe contar con sistemas que garantan a seguridade dos usuarios, tal e como o esixe a normativa. Non obstante, anotáronse carencias na maior parte das instalacións. No 75% delas non se viron cámaras de seguridade dentro do edificio e case no 70% das bibliotecas, nin sequera fóra. Só había vixilantes nas entradas dun 28% das bibliotecas e nunha cuarta parte do cento de edificios visitados non se atoparon saídas de emerxencia. E entre as que contaban con estas saídas, case a metade estaban pechadas, se ben case ningunha presentaba obstáculos. No positivo, cómpre indicar que o 90% das bibliotecas estaban dotadas con iluminación de emerxencia e con extintores en todas as súas dependencias. Con todo, percibiuse unha falta de portas que funcionasen de devasa (nun 76% non a había), de bocas de incendio (nun 70% de carecía delas), de esparexedores de auga (nun 62%), de mangueiras (nun 35%) e de detectores de lume (nun 18%).

Das cen bibliotecas visitadas, só abren de xeito ininterrompido (mañá e tarde) os cinco días da semana as visitadas en Cádiz, A Coruña, Córdoba e Madrid. A maioría delas pecha as súas portas entre as 19.00 e as 22.00 horas, mentres que 37 dos 100 centros pechan o sábado e só unha abre as súas portas en domingo.Por bibliotecas, unha das dúas universitarias de Barcelona permanece en activo unhas 87 horas semanais (de 8.00 da mañá a 1.30 da madrugada), o que contrasta cunha municipal de Valladolid que só abre 12 horas de luns a domingo e outra de San Sebastián que o fai 15 horas á semana.

Bibliotecas dixitais

  Ninguén pode discutir que as tecnoloxías da información forman parte xa da vida cotiá, e o coñecemento que atesouran as bibliotecas non pode ser unha excepción. Dende hai uns anos, institucións educativas e organismos públicos e privados preocúpanse por trasladar obras, artigos e contidos impresos ao formato dixital. Os proxectos de bibliotecas dixitais perfílanse como un dos instrumentos que axudarán a universalizar o coñecemento. Dende o 2007, pódense consultar gratuitamente e a través de Internet todos os fondos de lexislación histórica española dende as Cortes de Cádiz de 1810, custodiados na biblioteca do Congreso dos Deputados. Deste xeito garántese o seu acceso público e mais a súa preservación e coidado, xa que se evita a manipulación física deses valiosísimos documentos. Pero a intención de unir o coñecemento coas novas tecnoloxías non remata aquí. A UE pretende crear unha biblioteca dixital que en 2010 terá seis millóns de libros á disposición de todos os cidadáns. De xeito paralelo, e dende o 2006, UNESCO está a traballar nun proxecto semellante, nunha especie de Biblioteca Dixital Mundial. Preténdese crear un depósito en Internet, libre e gratuíto, de materiais culturais "frecuentes e únicos" dispoñibles en múltiples idiomas.

A dixitalización é o segundo paso, logo da introdución das novas tecnoloxías na xestión e funcionamento das bibliotecas públicas, un fenómeno recente. Así o amosa o informe 'As Bibliotecas Públicas en España. Dinámicas 2001-2005' da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Hai catro anos, só un de cada dous puntos de servizo das bibliotecas públicas usaban estas ferramentas para a catalogación dos seus fondos bibliográficos; apenas o 37% dispuña dun catálogo automatizado e dispoñible en formato web e a mesma proporción carecía dun servizo de acceso a Internet para os usuarios das bibliotecas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto