Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enfermidades, fármacos e condución, un triángulo perigoso

Coñecer os síntomas da enfermidade, o seu tratamento e seguir as directrices do persoal sanitario sobre as limitacións que poden afectar á condución son as claves para conducir con seguridade

O perigo das alteracións mentais, enfermidades psicolóxicas e apneas

Apnea, unha perigosa compañeira de viaxe

Bocexos, nerviosismo, cambio de posición das mans, erros frecuentes... Os pacientes que sofren apnea do sono teñen entre 7 e 10 veces máis risco de sufriren un accidente de tráfico do que a poboación xeral. Diversos estudos científicos constatan que o excesivo sono diúrno causa ata un 30% destes accidentes. Segundo datos da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), entre cinco e oito millóns de persoas en España sofren apnea do sono, aínda que só están diagnosticadas e seguen tratamento entre un 5% e un 9% delas. A apnea do sono é unha enfermidade moi frecuente entre a poboación que afecta ao 4-6% dos varóns e entre o 2% e o 4% das mulleres de idade media, e a súa frecuencia aumenta coa idade. Non obstante, o retrato-robot dun afectado por este trastorno é o dun varón, obeso, de entre 45 e 55 anos, con pescozo curto, ancho e papada, de aspecto conxestionado e roucador habitual.

O Regulamento de Condutores establece que non pode obter ou renovar o permiso de conducir quen padeza apnea do sono. Así e todo, se achega un informe favorable dunha Unidade do Sono no que conste que segue un tratamento e controla a sintomatoloxía diúrna, pode obter ou prorrogar o permiso de conducir por un período de dous anos para os condutores non profesionais, e dun ano para os profesionais.

Conducir coa mente noutra parte

  Determinadas enfermidades mentais e alteracións psicolóxicas como a esquizofrenia, depresión, demencia, trastornos amnésicos, trastornos do ánimo, disociativos, delirium ou os trastornos da personalidade invalidan o afectado para conducir, sobre todo durante os brotes agudos. A razón é que os efectos de moitas destas enfermidades producen unha importante alteración das capacidades cognitivas, motrices e condutuais.

Por iso, no momento de obter ou prorrogar o permiso ou a licenza de condución, a lexislación vixente esixe nestes casos un diagnóstico clínico, amais de información adicional sobre a deterioración funcional da persoa e sobre como esta deterioración afecta ás capacidades particulares en cuestión. Co fin de garantir estes extremos requírese o ditame favorable dun neurólogo, dun psiquiatra, dun psicólogo e de determinados facultativos, en función do tipo de trastorno. En moitos destes casos é preciso ir prorrogando o permiso de conducir cada ano.

Segundo se desprende dun estudo de Attitudes, a iniciativa social da empresa Audi en programas de educación viaria, os condutores que asumen máis riscos na condución forman parte, en maior medida ca o resto de condutores, dos grupos con sintomatoloxía de ansiedade, estrés e depresión. Estas alteracións do ánimo modulan en boa medida o xeito de conducir das persoas, e son a causa dun número considerable de accidentes. Quen padece estrés ou ansiedade pode xerar maiores niveis de hostilidade, de agresividade e de comportamentos competitivos e provocadores, amais dunha maior impaciencia e tendencia a aumentar a velocidade e dunha menor capacidade de anticipación e valoración do risco. Doutra banda, os condutores con cadros depresivos enfróntanse a numerosas dificultades para se concentraren, e mesmo pensan na morte e no suicidio.

Conducir seguro baixo tratamento farmacolóxico

  • Consúltelle ao seu médico antes de se pór ao volante se pode conducir. É quen mellor o vai asesorar e indicaralle cando pode facelo.
  • Infórmese sobre os efectos secundarios dos medicamentos que lle prescribiu o especialista. Lea o prospecto antes de comezar un tratamento e repare en se especifica que interfire na capacidade de condución.
  • Se constata que a medicación afecta á súa capacidade para manexar un coche, non conduza ata que finalice por completo o tratamento. Se o fai acotío, dígallo ao seu médico para que lle receite ou cambie o medicamento por outro máis suave.
  • Extreme as precaucións e mesmo evite conducir na fase aguda da enfermidade ou no inicio dun tratamento, sempre que engada outro medicamento aos xa habituais, ou cando se produza un cambio de dose, xa que o risco de afección é maior.
  • Teña coidado coas menciñas que se utilizan para combater as alerxias, catarreiras ou gripes, xa que a maioría da poboación se automedica nestes casos e moitas delas están compostas por antihistamínicos e/ou codeína -depresores do sistema nervioso central-.
  • Non mesture os medicamentos con alcohol ou drogas. A interacción entre eles pode aumentar os efectos destes últimos ou os do medicamento na capacidade para conducir.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto