Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enfermidades, fármacos e condución, un triángulo perigoso

Coñecer os síntomas da enfermidade, o seu tratamento e seguir as directrices do persoal sanitario sobre as limitacións que poden afectar á condución son as claves para conducir con seguridade

  Abrir a porta, meter a chave, colocar os espellos e arrincar. Esta é a rutina cotiá para millóns de condutores en todo o mundo que, máis preocupados ao saíren da casa de non esqueceren a chave do coche, descoidan outros aspectos que poden supor un risco para a súa propia vida e para a doutras persoas, como os efectos do fármaco que acaban de tomar ou as consecuencias que para un diabético pode ter circular pola mañá sen almorzar. En xeral, poucos condutores e acompañantes asumen que colocarse diante do volante é unha acción que esixe a perfecta integración de múltiples funcións de carácter sensorial, cognitivo e motor. Por esta razón, os procesos agudos ou crónicos que alteran a saúde poden influír na capacidade para conducir, aumentando o risco de sufrir un accidente. Estudos realizados pola Asociación Española de Centros Médicos Psicotécnicos (ASECEMP) cifran en 37.000 as persoas ás que se lles subtrae o permiso de conducir por razóns médico-sanitarias, o que representa un 0,94% dos case catro millóns de condutores que se someten cada ano a un recoñecemento.

A maioría das enfermidades crónicas con risco de reducir as capacidades para conducir un vehículo débense ás súas manifestacións agudas ou á deterioración derivada da súa evolución. Segundo os datos revelados no proxecto europeo IMMORTAL, levado a cabo en Noruega polo Instituto de Economía do Transporte (TOI), os trastornos neurolóxicos e as enfermidades mentais son as patoloxías que maior risco de accidentalidade representan. Estes trastornos van seguidos, en orde de influencia, polos medicamentos e pola diabete. En menor grao atópanse as enfermidades cardiovasculares, as afeccións do sistema locomotor e artrite, amais dos problemas de audición e oftalmolóxicos.

Os danos colaterais dos fármacos

En España, e segundo datos da DXT, o 77% dos condutores ponse ao volante baixo estados de estrés, e o 22% faino en episodios depresivos, trastornos que poden xerar ideas suicidas e que interveñen no 2,6% dos accidentes graves. A mesma situación preséntase ante o tratamento farmacolóxico que se segue, e é que un 15% dos condutores recoñece estar medicándose para tratar a depresión, a ansiedade, os trastornos do sono ou para relaxarse ou durmir. Vaídos, somnolencia, atordamento, irritabilidade, nerviosismo, espasmos musculares, visión borrosa, diminución da atención, desmaios e maiores tempos de reacción son só algúns dos efectos secundarios aos que se enfrontan.

As medicinas, por mor da súa capacidade depresora do sistema nervioso central, dos seus efectos secundarios ou pola interacción con outras substancias como o alcohol, son un dos factores que máis poden afectar a capacidade para conducir un vehículo de xeito seguro. Segundo datos da Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria, un 30% dos condutores españois toma de xeito habitual algún medicamento, e as estatísticas da DXT (Dirección Xeral de Tráfico) especifican que entre o 5% e o 10% dos finados por accidente de tráfico consumiron algún tipo de fármaco con efecto psicoactivo.

Pero o máis alarmante é que en numerosos casos o paciente descoñece o risco potencial dos medicamentos que inxire durante a condución. Xa sexa por falta de información por parte do persoal sanitario, ou por non ler polo miúdo o prospecto do fármaco en caso de automedicarse (costume espallado entre o 25-30% da poboación), case tres cuartas partes dos condutores non se decatan da súa influencia na condución de vehículos e descoñecen os riscos que pode supor a combinación de fármacos co volante.

Medicamentos que poden pór en perigo a capacidade para conducir vehículos

 

  • Analxésicos opiáceos. Somnolencia, sedación, confusión, vertixe, etc.
  • Antidepresivos. Somnolencia, visión borrosa, etc.
  • Antidiabéticos. Hipoglicemia.
  • Antiepilépticos. Somnolencia, vaídos, trastornos da visión, diminución da capacidade psicomotriz.
  • Antihistamínicos. Sedación, somnolencia, visión borrosa, alteracións psicomotrices.
  • Antiinflamatorios non esteroideos. Somnolencia e mareo.
  • Ansiolíticos. Somnolencia, mareo, diminución da concentración.
  • Benzodiazepinas. Somnolencia, sedación, aumento do tempo de reacción, debilidade muscular.
  • Betabloqueantes. Somnolencia, vertixe, fatiga, diminución da concentración.
  • Bupropión. Insomnio, vaídos, tremor.
  • Estimulantes centrais. Excitación, euforia, insomnio, nerviosismo.
  • Neurolépticos. Somnolencia, apatía, confusión, alteracións visuais, axitación.
  • Relaxantes musculares. Somnolencia, vertixe, mareo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto