Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

6 sistemas "mans libres" para o teléfono móbil por Bluetooth: O mellor valorado polos usuarios foi un dos máis baratos

Os modelos que requiren instalación son máis pequenos, non cómpre recargar a batería e ofrecen mellor calidade de son

Un a un, 6 sistemas de "mans libres"

Motorola T305

 

  • Prezo: 60,40 euros.
  • Calidade global: Excelente.
  • Mellor relación calidade-prezo.
  • Non require instalación e polo tanto hai que recargar a batería, que dura catro horas en funcionamento e é unha das de menos autonomía.
  • Permite silenciar as chamadas e ten función de chamada en espera, aínda que é o único que non conta con modo discreto para pasar do "mans libres" ao teléfono e viceversa.
  • É o segundo máis barato, o que amosou maior radio de alcance Bluetooth e maior volume de son.
  • Ademais, foi un dos dous mellores na proba de uso.

Parrot CK3000 Evolution

 

  • Prezo: 84 euros.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Unha opción interesante.
  • Require instalación, polo que non cómpre recargar a batería e pode silenciar a radio-CD cando entra unha chamada.
  • Anuncia o nome da chamada entrante, permite dar instrucións por voz e gravar contactos e mais pasar do "mans libres" ao teléfono (e viceversa).
  • Na proba de avellentamento acelerado, o plástico deteriórase e queda viscoso.
  • Un dos dous mellores na proba de uso.

Parrot minikit

 

  • Prezo: 60,09 euros.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Sen instalación; polo tanto, hai que recargar a batería, de grande autonomía (9 horas e 15 minutos).
  • Anuncia o nome da chamada entrante, permite pasar do "mans libres" ao teléfono e viceversa e gravar contactos.
  • É o máis barato, pero tamén o único que non superou a proba de borrado do marcado.
  • Na proba de avellentamento acelerado, o plástico deteriorouse e quedou viscoso.

Motorola T605

 

  • Prezo: 74 euros.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Require instalación, polo que non cómpre recargar a batería e silencia o equipo de son do coche cando entra unha chamada.
  • É o único que permite usar o Bluetooth para falar por teléfono e escoitar música ao mesmo tempo.
  • Ten silenciador de chamadas, chamada en espera, chamada a tres e modo discreto, para pasar do "mans libres" ao teléfono e viceversa.
  • Foi o único que non superou a proba de vibración e choque: os amarres de suxeición do altofalante escacharon.

Supertooth Voice

 

  • Prezo: 69,17 euros.
  • Calidade global: Ben.
  • Non require instalación e, polo tanto, hai que recargar a batería, que dura só catro horas.
  • Permite dar instrucións por voz, gravar contactos, descargar datos de xeito automático e actualizar a axenda.
  • Conta con modo discreto para pasar do teléfono ao "mans libres" e viceversa e anuncia o nome da chamada entrante.

Nokia HF-300

 

  • Prezo: 104 euros.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Non require instalación, hai que recargar a batería, unha das que máis dura (nove horas) e a única extraíble; pódese substituír se se esgota.
  • Con modo discreto para pasar do "mans libres" ao teléfono e viceversa, e permite silenciar o micrófono.
  • E o máis caro e o único que sufriu danos na proba de resistencia dos botóns (o circuíto impreso rompeu ao aplicar 50 newtons de forza).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto