Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Reclama 3.000 euros por caer e cortarse no brazo cun expositor de roupa de baño

 Unha clienta atopábase agachada ante o expositor de roupa de baño dun establecemento comercial e ao se erguer perdeu o equilibrio e caeu sobre este, sufrindo unha ferida inciso-contusa no brazo dereito, da que tardou en sandar 15 días. Por iso reclamoulle ao centro comercial 3.108 euros polas perdas e danos, de acordo aos días de incapacidade e secuela, e imputoulle unha falta de previsión pola colocación de percheiros con soportes cortantes. Pero o establecemento demandado opúxose e alegou que non había puntas afiadas, ángulos nin arestas cortantes nos percheiros e que, tras o incidente, se revisou a zona e non se apreciou ningunha deficiencia. E engadiu que a consumidora non chegara a probar os devanditos defectos. Ante estas alegacións, a Audiencia Provincial de Valencia, en sentenza do 18 de xaneiro do 2008, considera que se o sistema utilizado para a exhibición e venda lles xera un dano aos clientes, é o comercio e non o consumidor quen debe probar que o dano se debeu á culpa exclusiva deste. Por iso, xa que se acreditou que algún elemento do expositor provocou as lesións, condenou o establecemento a pagar a indemnización.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto