Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha comunidade desexa cambiar o réxime de pagamento das cotas, pero os prexudicados impídeno coa súa ausencia das xuntas

Constituímos hai uns días a comunidade de propietarios do noso terreo. Na primeira xunta, cando se chegou ao apartado da repartición das cotas comunitarias, a presidenta comunicounos que se adecuaban ao coeficiente de participación de cada veciño rexistrado nas escrituras. Algúns propietarios solicitamos establecer outro criterio de repartición das cotas e, logo de expormos os nosos motivos, todos os veciños alí presentes amosáronse de acordo, agás dous que non acudiran e que, precisamente, son os que pagan a cota máis pequena. Pódese facer algo ao respecto?

  A Lei de propiedade horizontal establece a obriga de todos os propietarios de contribuír, de acordo á cota de participación, cos gastos xerais para o axeitado sostemento do inmoble, dos seus servizos, cargas e responsabilidades. O seu artigo 17 impón a unanimidade para garantir a validez dos acordos que impliquen a aprobación ou modificación das regras que conforman a propiedade horizontal ou os estatutos da comunidade. Xa que logo, se se parte de que o réxime legal de distribución de gastos se fixa por coeficientes de participación, para que a Xunta estableza outro réxime, por exemplo a partes iguais, requírese consenso unánime. Así que celebrada a segunda xunta na que por unanimidade, polo menos dos asistentes, estes manifestaran o seu acordo á repartición de gastos a partes iguais, a presidenta e o administrador constataríano na acta, aínda que conste a ausencia de dous propietarios, a quen lles hai que notificar a acta.

Os propietarios ausentes dispoñen dun prazo de trinta días naturais dende que reciben a acta para lle comunicaren ao secretario da Xunta ou ao presidente e administrador a súa discrepancia co acordo, de ser ese o caso. Transcorrido o prazo sen que se realice esta notificación, os seus votos computaranse como votos favorables e o acordo de contribución a partes iguais será valido. Pero de notificaren a súa discrepancia en prazo, faltaría a necesaria unanimidade, cuestión que dende un punto de vista xurídico convén ser aceptada, xa que en ausencia de unanimidade o acordo sería nulo e en vía xudicial as posibilidades de prosperar as súas propostas son mínimas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto