Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os pais poden reforzar sen moito esforzo e con poucos cartos a seguridade dos espazos de xogo e de descanso dos máis pequenos
O cuarto dun neno debe ser o lugar máis seguro do mundo para el, xa que é nel, o seu refuxio particular, onde vai botar unha morea de horas a durmir e a xogar. Pero os perigos axexan, e un descoido ou unha imprudencia abondan para que se produza un accidente. En España rexístranse unha trintena de accidentes domésticos infantís cada hora, e o 95% deles pódense evitar tomando algunhas precaucións básicas. Os nenos non sempre entenden onde está o perigo, polo que é responsabilidade dos pais crear un contorno seguro que minimice os posibles riscos todos.
Se o seu bebé dorme durante os primeiros meses nun cesto ou nun obxecto similar, asegúrese de que o fondo sexa ríxido e plano, cos bordos altos e acolchados, e, sempre que sexa posible, de algodón.
Revista o radiador con algún moble deseñado para tal efecto. Amais de cumprir unha función decorativa impedirá que os nenos se queimen ao intentaren manipular o calefactor. De ter na casa unha estufa ou un aparello semellante, debe estar protexida para que non dean accedido a ela nin dean introducido obxectos que poidan arder. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI