Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Axudas para ser máis ecolóxico: Subvencións para preservar o medio e mais o peto

Información e paciencia, claves para mercar por menos cartos coches que contaminen menos, sistemas de aforro enerxético no fogar ou electrodomésticos de baixo consumo

  O coidado simultáneo da natureza e do orzamento familiar é posible. Os cidadáns poden conseguir axudas para instalaren na casa placas solares, sistemas de climatización ecolóxicos, caldeiras eficientes, illantes térmicos e ventás de dobre acristalamento ou electrodomésticos de alta eficiencia enerxética a un prezo máis reducido. Un aforro que non só se cingue ás pequenas compras; sempre que se adquira un coche híbrido -con motor eléctrico e de combustible- ou un vehículo convencional que teña unhas emisións de dióxido de carbono (CO2) o máis baixas posibles, o cidadán contribúe a reducir as consecuencias negativas do cambio climático e a súa compra está subvencionada.

Agora ben, convén armarse de paciencia. Non é sinxelo atopar a información precisa, xa que hai institucións centrais e autonómicas (mesmo algún concello) que xestionan estas axudas cunhas condicións, importes e prazos que poden variar en poucos días. Por esta razón convén non demorarse en tramitar a solicitude, xa que o período de vixencia dalgunhas destas subvencións é limitado.

Principais axudas e subvencións públicas

Vehículos híbridos, eléctricos e pouco contaminantes

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, ofrece subvencións que van dos 500 euros aos 6.000 euros para a compra de vehículos híbridos ou eléctricos puros. Son as comunidades autónomas as encargadas de concretar as subvencións.

Unhas axudas que, na práctica, non ofertan por igual todas as autonomías. Pódense atopar diferenzas considerables no tocante ao importe da cantidade subvencionada, o tipo de vehículo -nalgunhas como a Comunidade Autónoma Vasca (CAV) ou a Comunidade Valenciana tamén se ofrecen axudas para motos eléctricas, vehículos de hidróxeno, de gases licuados do petróleo, ou para transformar un vehículo e mellorar a súa eficiencia-, así como as datas nas que se atopan en vigor e o seu carácter retroactivo.

Os concesionarios son tamén o lugar indicado no que asesorarse, xa que nalgunhas comunidades autónomas son os encargados de tramitalas.

Por outra banda, o Plan VIVE (Vehículo Innovador - Vehículo Ecolóxico) do Ministerio de Industria garante un financiamento vantaxoso (non unha axuda directa como o antigo Plan Prever) para substituír o vehículo antigo por outro novo. Para iso establecéronse determinadas condicións que se ampliaron a partir da primeira aprobación do Plan. Estas medidas concrétanse en que poden beneficiarse desta axuda os turismos con niveis de emisión inferiores a 140 gCO2/km e os vehículos N1 (tipo furgoneta de ata 3.500 quilos) con emisións de menos de 160 g/km. Este dato figura na información das características técnicas de todas as marcas, e tamén se pode consultar por exemplo na web do IDAE (www.idae.es/coches/).

O Plan establece que a antigüidade mínima requirida do vehículo destinado a tornarse en ferralla sexa de dez anos. A última condición é que o custo máximo de adquisición do automóbil novo sexa de 30.000 euros.

Vivendas eficientes e ecolóxicas

Co fin de xerar enerxía renovable na vivenda e de mellorar a eficiencia enerxética do edificio, pódense tramitar subvencións destinadas á instalación de placas solares, rehabilitación do illamento térmico do inmoble, renovación de caldeiras, incorporación de fiestras cun mellor cerramento acristalado ou a substitución das instalacións eléctricas antigas.

As diferenzas entre autonomías, tanto en número de axudas como na súa contía, é considerable. Comunidades como Navarra, Castela e León ou Estremadura caracterizáronse polo seu apoio á implantación dos sistemas baseados en enerxías renovables. Por iso, convén informarse tanto no IDAE como na súa variante autonómica. Pódese acudir tamén en busca de asesoramento ás asociacións impulsoras do sector, como a Asociación Casa Bioclimática, a Asociación de Produtores de Enerxías Renovables (APPA), a Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF) ou a Asociación Solar da Industria Térmica (ASIT). Pola súa banda, o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ofrece empréstitos en condicións vantaxosas para a adaptación enerxética das vivendas.

Electrodomésticos de clase A

Calquera cidadán pode substituír os seus antigos electrodomésticos por outros novos cunha etiqueta de eficiencia enerxética de clase A ou superior (A+). Neste Plan Renove de electrodomésticos, os departamentos autonómicos relacionados coa enerxía ofrecen subvencións que van dos 85 euros aos 125 euros para a compra dos grandes aparellos da cociña (frigoríficos e combis, conxeladores, lavadoras e lavalouza). Mesmo nalgunha comunidade autónoma como a Valenciana, tamén se estuda a posibilidade de subvencionar equipos de aire acondicionado. Non obstante, aínda non concretaron o plan en Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa e Murcia.

Préstamos bancarios ecolóxicos

  Aínda que non formarían parte do abano que engloba as axudas públicas, hai entidades bancarias que ofrecen empréstitos para o financiamento de determinados produtos e servizos relacionados coa mellora do medio. Sa Nostra Caixa de Baleares dispón do "Empréstito Ecolóxico" para custear instalacións que sirvan para o aforro de auga ou enerxía, como sistemas de aproveitamento de auga de chuvia, electrodomésticos, billas e duchas eficientes.

O Banco Guipuscoano dispón do "Préstamo Novas Enerxías" para a instalación de paneis solares térmicos, mentres que a Kutxa ofrece diversas bonificacións no tipo de xuros e descontos para a compra dunha vivenda ou dun coche "verde", así como para realizar reformas ecolóxicas na vivenda.

Pola súa banda, Triodos conta con diversas fórmulas de financiamento dirixidas a actividades ambientais, como empréstitos hipotecarios e persoais a longo prazo, e diversas liñas de avais, de crédito e de anticipo de subvencións.

Institucións que xestionan as axudas ecolóxicas

Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE)

Instituto de Crédito Oficial (ICO) (Plan VIVE)

Andalucía

Aragón

  • Departamento de Industria, Comercio e Turismo, Goberno de Aragón
  • 976 71 41 11
  • www.aragon.es

Asturias

Cantabria

Castela-A Mancha

  • Axencia de Enerxía de Castela-A Mancha (Agecam)
  • Sede Albacete
  • 967 55 04 84
  • Sede Toledo
  • 925 24 59 01
  • www.agecam.es

Castela e León

Cataluña

  • Instituto Catalán da Enerxía (Icaen)
  • 93 622 05 00
  • www.icaen.net

Ceuta

Comunidade Valenciana

Estremadura

Galicia

  • Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
  • Rúa Ourense, nº 6, A Rosaleda
  • 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.
  • 981 541 538
  • info@inega.es
  • www.inega.es

Illas Baleares

  • Consellería de Comercio, Industria e Enerxía do Goberno das Illas Baleares
  • Calle de la Llotja de Mar, 3
  • 7012 Palma
  • 971 17 65 65
  • www.caib.es

Illas Canarias

  • Consellería de Emprego, Industria e Comercio do Goberno de Canarias
  • 928452075
  • www.gobcan.es/

A Rioxa

  • Consellería de Industria, Innovación e Emprego do Goberno da Rioxa
  • 941 29 13 88
  • www.larioja.org

Madrid

  • Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do Goberno da Comunidade de Madrid
  • 915 802 100
  • www.madrid.org

Melilla

  • Dirección Xeral de Xestión Económica e Administrativa da Consellería de Medio Ambiente da Cidade Autónoma de Melilla
  • 952 699 172
  • www.melilla.es

Navarra

  • Departamento de Innovación, Empresa e Emprego da Comunidade Foral de Navarra
  • 848 42 76 45
  • www.cfnavarra.es

País Vasco

Rexión de Murcia

  • Axencia de Xestión de Enerxía da Rexión de Murcia
  • 968 22 38 31
  • www.argem.es

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto