Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 160 aparcadoiros públicos de pagamento e rotación en 18 capitais españolas: Párkings: encareceron o dobre ca o IPC, pero a súa calidade practicamente non mellora

Nos últimos catro anos o prezo medio de unha hora de estacionamento aumentou un 33%, cando o IPC acumulado é do 14%. Un de cada cinco aparcadoiros suspende en calidade por mor de carencias en servizos, información e seguridade

  Prestacións de suspenso a prezo de sobresaínte. Os aparcadoiros públicos seguen a arrastrar carencias nos servizos (a imposibilidade de pagar con tarxeta de crédito, nun 40% dos casos, é unha das principais); en información (en un de cada catro non indican os seus horarios e constatáronse deficiencias na sinalización) e en seguridade (en 8 de cada 10 non hai vías de seguridade para peóns), o que non obsta para que as súas taxas aumenten notablemente. Tanto é así que nos últimos catro anos o custo medio dunha hora de estacionamento subiu un 33%, máis do dobre do aumento do IPC no mesmo período (un 14,1%). Así o constatou CONSUMER EROSKI no estudo realizado en 160 aparcadoiros públicos de pagamento e de rotación (non exclusivos para residentes ou aboados) de 18 capitais españolas. Os mellores atopáronse en Barcelona, Málaga, Murcia, Sevilla, Valencia e Zaragoza e, os peores, na A Coruña e enCórdoba. A cidade condal tamén encabeza a lista coas tarifas medias máis caras (2,7 euros por unha hora), seguida por Valencia (2,5 euros), Bilbao e Madrid (2,2 euros). Entre os máis económicos, os de Alacante (un euro por unha hora), Almería (1,2 euros), A Coruña e Valladolid (1,4 euros).

Actuando como clientes, os técnicos desta revista visitaron aparcadoiros da Coruña, de Alacante, Almería, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Tres de cada catro atopábanse no centro da cidade e case o 80% eran subterráneos. A proba realizouse durante tres días laborables (luns, martes e venres) e mais en sábado, tanto en horas sen moito tráfico (10.00 horas) como en horas punta (13.30, 18.00 e 20.00 horas). Durante a observación, aparcouse durante unha hora co fin de comprobar se a información ao usuario era completa, se se cumprían as normas de seguridade e accesibilidade, e se as instalacións se atopaban en bo estado. Ademais, efectuouse un estudo comparativo das tarifas.

Un de cada cinco aparcadoiros suspendeu a proba e a nota media dos 160 analizados quedou nun 'regular', que non chega ao aprobado. A proporción de suspensos diminuíu (pasa dun 40% a un 20%) con respecto aos resultados do estudo realizado por CONSUMER EROSKI no 2005 e a cualificación media mellorou (dun 'mal' a un 'regular'), pero a evolución é, evidentemente, insuficiente.

As maiores carencias constatáronse nos servizos, que reciben un 'mal'. A información e a seguridade que se lle ofrece ao usuario superaron o exame desta revista, pero cun pobre 'aceptable'. As mellores valoracións rexistráronse na limpeza (cun 'moi ben') e na accesibilidade (cun 'ben' fronte ao 'regular' do 2005).

Recomendacións aos usuarios

  • Non deixar o tícket dentro do vehículo e, por suposto, intentar non perdelo.
  • De se cobrar por hora ou fracción, solicitar o libro de reclamacións (de existencia obrigatoria) para facer constar a queixa polo cobramento dun tempo superior ao realmente utilizado.
  • Para reclamar indemnizacións por perdas e danos contra o propietario do aparcamento, a Lei establece a posibilidade de solicitar a mediación das Xuntas Arbitrais de Consumo. Trátase dunha medida apropiada, xa que o usuario ten a posibilidade de resolver a súa reclamación sen necesidade de acudir aos tribunais de xustiza, co conseguinte aforro económico e de tempo.
  • Preguntar, se non está claramente indicado, polo horario de apertura e de peche do párking.
  • Non deixar obxectos de valor dentro do vehículo: o aparcamento non se fai cargo da súa reposición.
  • Coidado ao pagar nas máquinas de pagamento automáticas: non aceptan todos os billetes, de xeito que hai que procurar levar cambio en moeda ou en billetes de 5 e 10 euros.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto