Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente someteuse a unha gastroplastia (redución do tamaño do estómago) no ano 2000, intervención que en principio resultou efectiva pola perda de peso acadada. Pero un ano despois produciuse o desgrampado do estómago e de novo aumentou de peso. Por esta razón, no 2002 someteuse a unha segunda gastroplastia. O cirurxián non cobrou os seus honorarios, aínda que a enferma fixo fronte aos gastos de hospitalización. Pero na intervención sufriu unha infección, de maneira que se someteu a unha terceira operación, e, como froito dela, quedoulle unha importante cicatriz no abdome. A afectada acudiu aos Tribunais para solicitar unha indemnización polos danos soportados. A Audiencia Provincial de Barcelona, en sentenza do 13 de novembro do 2007, afirmou que a actuación do médico fora correcta, aínda que considera que non se informou ben a paciente sobre a operación de risco á que se ía someter no momento de asinar o consentimento. Por iso, condenou o médico a indemnizar a paciente cos 3.087 euros que aboara por gastos de hospitalización.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI