Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai un ano entreguei un sinal para reservar unha vivenda que en principio comezaba a construírse en decembro dese mesmo ano. Asinei un documento no que se estipulaba a devolución deste sinal en caso de non se levar a cabo a obra e a súa perda se os titulares nos botabamos atrás. O problema é que non se especifica a data límite de entrega e a obra aínda non comezou. A lei prevé algún xeito de reclamar o atraso ou de recuperar os cartos?
O precontrato determina o prezo da futura vivenda, identifícaa e establece cal é o momento para a sinatura do contrato privado: quince días dende que se aproba a concesión da licenza. O artigo 1.451 do Código Civil establece que "a promesa de vender ou de mercar, de se estar conforme no prezo, daralles dereito aos contratantes a reclamar de xeito recíproco o cumprimento do contrato". Sobre este asunto, os Tribunais defenden que este precontrato obriga tanto coma un contrato de compravenda, polo que o comprador pode esixir que se lle venda a vivenda, unha vez concedida a licenza urbanística municipal ou licenza de obras e nos 15 días seguintes. O máis conveniente é que se asesore no Concello sobre se se solicitou ou non a licenza. En caso de que se concedera, pódeselle enviar un burofax ao promotor e solicitar a sinatura do contrato privado ou a devolución do sinal en caso de incumprimento.
Se a licenza de obras está en tramitación, cómpre descubrir os motivos do atraso para saber se son imputables á promotora. Por outra banda, débese contactar co promotor para que informe da data previsible de sinatura do contrato. En función da resposta que se obteña e das xustificacións e/ou expectativas que se ofrezan, o cliente pode negociar un acordo, prórroga, etc., por escrito e co asesoramento dun avogado. Pero se o permiso de obras se denegou sen solución hai que solicitar, a través dun burofax certificado ou da Oficina de Consumo do Concello, a devolución do sinal, máis xuros ou mesmo duplicada, segundo as circunstancias. A última opción é acudir á vía da arbitraxe de consumo e aos tribunais.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI