Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O tipo de vivenda, a zona na que estea situada, os hábitos familiares e o custo que unha familia estea disposta a asumir determinarán a elección dun modelo ou doutro
Seis de cada dez euros que dedica no inverno unha familia ao gasto enerxético quéimanse na calefacción, un gasto considerable, máis se cabe cunha recesión económica que deixou de ser un aviso. Unha instalación e un uso axeitado garanten un desembolso menor, aínda que o clima da zona xeográfica na que se viva, o tamaño da vivenda, o tipo e calidade do acristalamento e o illamento térmico determinarán en boa medida as necesidades de cada fogar. O uso de novos sistemas de calefacción máis eficientes, como os cronotermóstatos, e un correcto mantemento dos equipos permiten reducir o consumo enerxético entre un 10% e un 40%.
Recomendado. Climas fríos.
Un ventilador de teito é a mellor solución para mover o aire quente atrapado no teito debido á súa natural ascensión e a unha pobre circulación. O movemento das pas do ventilador fai que a calor descenda, equilibrando a temperatura do teito e do chan, cun aforro de enerxía da orde do 30%. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI