Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Elixir un televisor plano: O tamaño non é o único que importa

  Na compra dun televisor de pantalla plana interveñen numerosos factores, como o tamaño do cuarto no que se vai instalar, os usos que se lle queiran dar, a calidade da súa imaxe e o prezo

A obsesión polo tamaño dos televisores cada vez é maior, ata o punto de que poucos se lembran xa das 20 polgadas (50 centímetros na diagonal do televisor) coas que moitas familias conviviron durante décadas, atraídas agora polos ansiados modelos cun mínimo de 32 polgadas (diagonal de 80 centímetros). A razón é que estes novos monitores se abaratan mesmo por baixo do previsible hai apenas ano e medio. En maio do 2007 a revista tecnolóxica Wired anunciaba que os prezos para os aparellos de 32 polgadas tocaran chan nos 700 euros. Non obstante, hoxe pódense atopar televisores deste tamaño por 480 euros. E ninguén se sorprende.

Aínda que as televisións de tamaño mediano ou grande son cada vez máis baratas, convén non perder a cabeza fascinados só por este factor e atender a outros que tamén van determinar a calidade e a comodidade do usuario ao ver as canles de televisión, películas en DVD ou Blu-ray, ou ben a imaxe das partidas dos videoxogos, os tres principais usos dos televisores.

A distancia óptima de visionado

O tamaño do televisor debe ser harmónico de acordo ao espazo dispoñible. Instalar e ollar imaxes emitidas por unha televisión de grandes dimensións nun cuarto pequeno pode chegar a marear e fai que a imaxe se vexa distorsionada. É unha sensación equivalente á de sentar na primeira fila do cinema, cunha diferenza: na casa, a imaxe, lonxe de percibirse como enfocada, vese pixelada e cunha resolución baixa. Agora ben, así que o usuario se vai arredando do televisor, a imaxe cobra definición.

Co fin de evitar este efecto, os expertos deseñaron un rango de distancias óptimas para ver as imaxes dun televisor dende casa en función do seu número de polgadas:

Entre 20 e 27 polgadas: a distancia debe estar entre 75 centímetros e un metro e medio. Entre 30 e 37 polgadas: a distancia debe estar entre 1,8 metros e 2,4 metros. Entre 40 e 50 polgadas: a distancia debe estar entre 3 e 4 metros. Para as pantallas de máis de 50 polgadas: nunca se debe estar a menos de catro metros.

O uso do televisor

A maioría das canles de televisión emiten cunha calidade que está moi por baixo da que ofrecen ata as peores televisións planas. Iso fai que en moitos casos a calidade de imaxe sexa peor ca a que se emitía dende os televisores de tubo. O seu nivel de resolución máximo en emisión dixital terrestre é de 720 liñas, o que corresponde á homologación 'HD Ready', unha cifra que en España moi poucas canles alcanzan. Do mesmo xeito, para gozar dunha película de DVD, o formato máis común, non son necesarios televisores cunha definición 'Full HD', dispositivos que son máis caros ca os de 'HD Ready' e cun tamaño mínimo que rolda as 40 polgadas.

Non obstante, medra o número de usuarios que tamén empregan o televisor para reproduciren películas no novo formato Blu-ray e mais para xogar a videoxogos. Nestes casos si é recomendable a instalación de monitores 'Full HD', capaces de reproducir a imaxe na mesma calidade ca a ofrecida por este formato, 1.080 liñas fronte ás 720 liñas do 'HD Ready'.

  A definición e a portabilidade son os referentes se o obxectivo é xogar a videoxogos, sobre todo cos da PS3 mediante a conexión da consola á pantalla. No tocante á conexión, os gráficos dos videoxogos para esta consola son de alta definición e o seu formato óptimo é 'Full HD'. En canto á portabilidade, se se desexa xogar na intimidade, sen molestar o resto da familia, un televisor de máis de 32 polgadas resulta moi incómodo, de aí que optar nestes casos por un tamaño menor sexa unha vantaxe. O resto de consolas (sobre todo a Wii de Nintendo) ofrecen un nivel inferior de gráficos.

Plasma ou LCD?

Hai dúas tecnoloxías que dominan o mercado dos televisores planos:

A tecnoloxía LCD: é a que máis madurou e superou as súas limitacións iniciais: mala visión angular, baixo contraste de imaxes claras e escuras, e rastro difuso de cor ante o movemento rápido de imaxes.

A tecnoloxía Plasma: destaca pola súa excelente resposta en cor, resolución a grandes tamaños de pantalla e boa visión angular. Pero agora que se poden adquirir modelos LCD de gran tamaño a prezos moi competitivos, o plasma converteuse nunha tecnoloxía en vías de extinción. Por iso, e salvo que se desexe un televisor de gran tamaño, é aconsellable inclinarse por un televisor LCD.

O futuro máis inmediato

Dúas incipientes tecnoloxías están a piques de dar o salto dos laboratorios aos fogares. E ameazan en poucos anos con revolucionar de novo o mercado:

  • Pantallas ULIDE: o seu funcionamento baséase nunha serie de puntos situados sobre unha superficie que se iluminan e mudan de cor en función da intensidade do estímulo eléctrico que reciben. Estas pantallas non requiren iluminación posterior (eles son os emisores de luz), polo que poden ser moi delgadas e mesmo flexibles. A súa definición tamén é moi superior respecto aos mellores televisores actuais, igual ca o seu prezo.
  •   SED-TV: esta tecnoloxía combina a calidade de cor dun televisor de tubos catódicos (CRT, aínda superior ás mellores pantallas planas) co tamaño e deseño das pantallas de plasma e LCD. Deste xeito substitúese o tubo de grande tamaño por millóns de microscópicos tubos de raios catódicos que forman á súa vez unha pantalla plana. Maior definición, mellor visión angular e un menor consumo enerxético son as súas principais características.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto