Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizado, a través de 1.000 chamadas, o servizo telefónico de información municipal en 18 cidades: Un de cada tres 010 ofrece unha información insuficiente

O trato dispensado polos teleoperadores foi correcto, nove de cada dez chamadas atendéronse no primeiro intento e a espera media non superou os 20 segundos

As queixas son escoitadas e táboas comparativas

  O servizo 010 é, amais dun medio de información, unha canle de queixas cidadás. Falta de limpeza en vías ou mobiliario urbano, farois que seguen en funcionamento durante o día, coches mal aparcados, xardíns descoidados ou ruído nocturno son algunhas das reclamacións máis habituais que chegan a este servizo.

Os técnicos de CONSUMER EROSKI utilizáronas para comprobaren a súa xestión por parte dos teleoperadores. Na metade das chamadas con estes supostos, o persoal do servizo de atención municipal tomaba nota da queixa para lla remitir ao departamento correspondente, mentres que na outra metade se indicaba que o mellor sería que o propio cidadán se puxese en contacto coa policía ou co organismo pertinente para cada reclamación. Aínda que a repartición destas dúas opcións é similar nas 18 cidades do estudo, foi nos servizos de Valladolid, Vitoria, Logroño e San Sebastián onde máis esforzo se despregou para deixar constancia da denuncia indicada polo cidadán. Cando non tomaban nota, si explicaban a onde había que acudir. En todos os casos, o teleoperador preguntaba que acontecía, dende cando ou en que rúa sucedía.

Os servizos de Burgos e Oviedo non reciben queixas nese número de teléfono, mentres que no de Córdoba só se contaba cunha caixa de voz (activa as mañás dos sábados e domingos, cando se fixo unha de probas) para recoller esa denuncia que, con posterioridade, se remitiría ao persoal municipal. No tocante ao trato dos profesionais dos servizos 010 ante as queixas cidadás, tamén se caracterizou pola corrección e a amabilidade. As salvidades rexistráronse en boa parte das reclamacións efectuadas en Bilbao e Oviedo, nas que a atención deixaba moito que desexar (situación sufrida tamén nalgunhas das consultas realizadas en Murcia, Madrid, Barcelona, Pamplona e San Sebastián).

TÁBOA COMPARATIVA

Información sobre o funcionamento do teléfono 010, segundo datos achegados por cada Concello
Cidade Horario días laborables Horario fins de semana Horario días festivos
A Coruña de 8 a 20 horas sábados de 9 a 14 horas Non operativo
Barcelona de 8 a 24 horas de 8 a 24 horas de 8 a 24 horas
Bilbao de 8 a 20 horas de 8 a 20 horas de 8 a 20 horas
Burgos de 8 a 20 horas sábados de 10 a 14 horas Non operativo
Córdoba de 8:30 a 18:00 horas Non operativo (con caixa de voz de 10 a 14 horas) Non operativo (con caixa de voz de 10 a 14 horas)
Granada de 8:30 a 20:30 horas (con caixa de voz 20.30 a 8.30 horas) de 8:30 a 20:30 horas (con caixa de voz 20.30 a 8.30 horas) de 8:30 a 20:30 horas (con caixa de voz 20.30 a 8.30 horas)
Logroño de 8 a 20 horas sábados de 10 a 14 horas Non operativo
Madrid 24 horas ao día 24 horas ao día 24 horas ao día
Málaga 24 horas ao día 24 horas ao día 24 horas ao día
Murcia de 9 a 18 horas (ata as 14 os venres) Non operativo (con caixa de voz 24 horas ao día) Non operativo (con caixa de voz 24 horas ao día)
Oviedo de 8 a 20 horas Non operativo Non operativo
Pamplona de 8 a 19 horas sábados de 9:30 a 13:30 horas Non operativo
San Sebastián de 9 a 14 e de 16 a 18 horas Non operativo Non operativo
Sevilla de 8 a 22 horas de 8 a 22 horas de 8 a 22 horas
Valencia de 8 a 21 horas sábados de 9 a 20 horas Non operativo
Valladolid de 8 a 22 horas sábados de 10 a 14 horas Non operativo
Vitoria de 8 a 20 horas sábados de 8 a 14 horas Non operativo
Zaragoza de 8 a 20 horas sábados e domingos de 9 a 21 horas de 9 a 21 horas
Cidade Idiomas de atención ao público (á parte do castelán) Número de teleoperadores Chamadas recibidas no 2007 Número de habitantes (xaneiro 2007)*
A Coruña Galego e inglés 10 568.228 244.388
Barcelona Catalán, inglés e francés 100 (30, os días festivos) 3.000.000 1.595.110
Bilbao Éuscaro De 3 a 6 (3, los días festivos) 342.383 353.168
Burgos Só castelán 4 (1, os sábados) 27.620 174.075
Córdoba Só castelán 3 Datos non dispoñibles 323.600
Granada Inglés, francés e árabe 8 (2, os días festivos) 260.000 236.207
Logroño Inglés, francés, árabe, alemán e italiano 12 123.900 145.866
Madrid Inglés y francés 241 2.695.589 3.132.463
Málaga Só castelán 5 173.306 561.250
Murcia Inglés 8 52.059 422.861
Oviedo Só castelán 4 150.000 216.607
Pamplona Éuscaro, inglés e francés 15 (3, os sábados) 195.000 194.894
San Sebastián Éuscaro 6 pola mañá e 2 pola tarde 63.000 183.090
Sevilla Inglés e francés 11 (5, os días festivos) 600.000 699.145
Valencia Valenciano 11 (2, os sábados) 525.170 797.654
Valladolid Inglés 5 227.570 316.564
Vitoria Éuscaro e inglés 6 (2, os sábados) 326.790 229.484
Zaragoza Só castelán 12 (4, os días festivos) 410.815 654.390

*Os datos de poboación pertencen ao Instituto Nacional de Estatística (INE) e están datados en xaneiro do 2007. .

Valoración final del teléfono 010 de cada Ayuntamiento y calificación media (según CONSUMER EROSKI)
Cidade Atención 1 Información 2 Características do servizo 010 3 Media
A Coruña Moi ben Ben Moi ben Ben
Barcelona Ben Moi ben Moi ben Ben
Bilbao Ben Ben Moi ben Ben
Burgos Excelente Moi ben Moi ben Moi ben
Córdoba Moi ben Regular Mal Regular
Granada Moi ben Aceptable Moi ben Aceptable
Logroño Moi ben Ben Moi ben Ben
Madrid Ben Aceptable Moi ben Aceptable
Málaga Ben Aceptable Moi ben Aceptable
Murcia Moi ben Aceptable Regular Aceptable
Oviedo Aceptable Mal Aceptable Regular
Pamplona Moi ben Aceptable Ben Aceptable
San Sebastián Moi ben Ben Regular Aceptable
Sevilla Excelente Aceptable Moi ben Aceptable
Valencia Moi ben Aceptable Moi ben Aceptable
Valladolid Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Vitoria Moi ben Ben Moi ben Ben
Zaragoza Moi ben Ben Moi ben Ben

1. Atención: Analizouse por unha banda o trato recibido polos teleoperadores durante as chamadas realizadas a cada concello: tívose en conta o tempo de espera antes de que collesen o teléfono, as veces que houbo que marcar para contactar co 010, o trato do telefonista e se a súa linguaxe era clara e comprensible.

2. Información: Valorouse a cantidade de información que se ofrecía en función do suposto polo que se chamaba (trámites, queixas ou tan só recompilar datos sobre un tema).

3. Operatividade do servizo 010: Comprobouse o funcionamento do teléfono 010 segundo a información solicitada aos concellos das cidades incluídas no informe. Tomáronse en consideración o horario, os días de funcionamento e mais o idioma en que se ofrecía a información, entre outros aspectos.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto