Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Vacacións escolares do Nadal: Nadal e nenos: algo máis ca agasallos e televisión

As vacacións do Nadal son unha ledicia para os nenos e unha preocupación para moitas familias con dificultades para conciliar a vida laboral e familiar

Videoxogos, o agasallo estrela de cada Nadal

  Nin bonecas, nin coches de carreiras, nin películas de DVD ou libros. Os videoxogos son o produto máis demandado como regalo; por estas datas, distribúese o 40% das vendas anuais de todo o sector, na súa maioría de fabricación xaponesa e norteamericana. En Europa, España mantén o cuarto lugar en vendas de software interactivo e en venda de consolas, por detrás de Reino Unido, Alemaña e Francia, ata o punto de que o consumo de videoxogos supón en España o 54% do total do lecer audiovisual, por riba do volume de entrada das salas de cine, das vendas de gravacións de música ou das películas de DVD. A variedade de formatos nos que se comercializaron os videoxogos, para todas as idades, gustos, circunstancias e petos tórnaos nun dos produtos máis utilizados e máis devecidos polos máis pequenos.

Como coa televisión, o uso dos videoxogos precisa da adopción dun conxunto de pautas responsables:

  • Non os demonice. Os videoxogos teñen un alto valor pedagóxico porque poden axudar á asimilación de conceptos abstractos, xeométricos ou matemáticos. Ademais, constitúen un estímulo para desenvolver o interese intelectual, musical ou estético.
  • Deben mercar aqueles que sexan acordes ao contido e á idade dos nenos.
  • Familiarícese coas clasificacións dos xogos e coas declaracións de privacidade, e revise os termos de uso aceptable dos sitios de xogo en rede.
  • Controle o contido dos videoxogos que demandan os seus fillos para coñecer as mensaxes ás que se expoñen, porque poden ser violentos, sexistas ou racistas.
  • Observe quen son os seus compañeiros de xogo. Coloque o equipo ou a consola de xogos nun lugar dende o que poida supervisar doadamente a actividade.
  • Fomente o uso de videoxogos que permitan a participación de máis dun xogador. Intente que o neno non xogue nunca só, xa que este é un xeito de socializalo cos amigos, pais e irmáns.
  • Limite o tempo do uso dos videoxogos. É recomendable que non xogue acotío máis de 30 a 60 minutos, descansando cada 20- 30 minutos.
  • Vixíe o intercambio de videoxogos entre amigos e os programas que poden baixar de Internet.
  • En caso de alugueiro, como os videoxogos se entregan sen portadas, hai que xogar cos fillos para poder valoralo, xa que non todas as indicacións acerca do contido se entregan co xogo.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto