Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Vacacións escolares do Nadal: Nadal e nenos: algo máis ca agasallos e televisión

As vacacións do Nadal son unha ledicia para os nenos e unha preocupación para moitas familias con dificultades para conciliar a vida laboral e familiar

  Os máis pequenos da casa e os seus pais contan os días que quedan para as vacacións de Nadal, aínda que por motivos ben distintos. Os primeiros só pensan en xogar, nos regalos e na ausencia de clases, apuntamentos e profesores. Os segundos, en como van manter o xa difícil equilibrio entre a vida laboral e a familiar. A fórmula máis común, ao igual ca o resto do ano, é o recurso aos avós. O 75% dos maiores de 65 anos en España ten netos, e preto dun millón de avoas españolas coidan deles durante a xornada laboral dos pais, segundo o Instituto da Muller. Non é estraño, polo tanto, que se convertan nos anfitrións e canguros dos máis pequenos durante estas semanas.

Pero non todo o peso ten por que recaer nos maiores. Cada vez máis, institucións públicas e entidades privadas organizan actividades lúdicas e culturais que teñen os máis pequenos como destinatarios. Fronte á opción menos recomendada -ver a televisión ou xogar aos videoxogos durante horas-, instálanse en cidades e vilas atraccións, parques de lecer, mercados, concursos de beléns, árbores e panxoliñas... A iso súmanse tamén as escolas, que, cada vez en maior número, abren por vacacións. Todo iso cun único obxectivo: garantir a tranquilidade dos pais e a seguridade, a educación e a diversión dos seus fillos.

Aberto por vacacións

Malia ser, en aparencia, a época de maior tranquilidade e feliz convivencia do ano, a chegada das vacacións escolares do Nadal reavivan as reivindicacións dos sectores que reclaman unha distribución máis racional e pedagóxica dos períodos non lectivos. Esta demanda cobra especial relevancia cando os nosos alumnos son os nenos europeos co horario lectivo máis reducido, 175 días fronte a unha media de 186 no resto de Europa, e os que gozan de máis días de vacacións -máis de 16 semanas- ao ano.

Esta distribución dificulta a compatibilidade dese horario para os dous millóns de fogares españoles con nenos nos que traballan os adultos -segundo datos de Eurostat- e para os 320.000 pais ou nais que non contan con axuda para encargarse dos seus fillos, segundo o último estudo do Instituto Nacional de Estatística (INE), elaborado no 2002. Por iso, a comunidade educativa avoga por recortar, entre outros, o período de vacacións do Nadal co obxecto de facilitar a convivencia entre pais e fillos.

Ante esta situación, un maior número de concellos, organismos autónomos e asociacións de pais habilitan centros escolares de infantil e primaria (de 3 a 12 anos) nos que se organizan obradoiros e actividades extraescolares: dende obradoiros da máis diversa índole ata excursións, a maioría gratuítos, co obxecto de atender os nenos mentres os pais traballan.

Durante o pasado Nadal, as comunidades autónomas de Madrid, Aragón e Castela e León mantiveron abertos durante este período 255 colexios para lles ofrecer actividades extraescolares a máis de 13.000 alumnos, iniciativa que secundaron, entre outros moitos, varios centros de Cataluña ou Castela-A Mancha.

Tempo para gozar cos xoguetes

"Quéroo". Esta é a frase que máis repiten os pequenos en casas propias e alleas durante o Nadal. E é que nestes días a ilusión dos nenos está por riba de crises, hipotecas e débedas. Os últimos informes da Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes (AEFX) reflicten que a venda de regalos se concentra nun 70%-75%, do 1 de decembro ao 6 de xaneiro, o que supón que o gasto en xoguetes se dispara ata os 200 euros por neno. Así e todo, a importancia do xogo non radica no xoguete en si, senón no uso que se faga del. Segundo un estudo do Colexio de Pedagogos de Cataluña, o xogo duplica a capacidade de concentración e de memoria do neno. Ademais, desenvolve os seus sentidos, esperta a súa imaxinación e fantasía, estimula a capacidade perceptiva e a atención e exercita a memoria. Grazas ao xogo o menor aprende a comunicarse co mundo que o arrodea, e o xoguete tórnase nunha fonte privilexiada de exploración e transmisión da realidade social. Pedagogos e psicólogos reiteran, con todo, que o mellor regalo para un fillo é que os seus pais xoguen con el.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto