Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Seguridade e etiquetaxe de 40 xoguetes de diversos tipos: Un de cada cinco incumpre a norma de seguridade e a maioría ofrece unha etiquetaxe incorrecta ou mellorable

Dos 40 xoguetes analizados só cinco superan todas as probas e informan axeitadamente do rango de idade idóneo para usalos

  Os xoguetes alimentan a imaxinación de nenas e nenos, ensínanos a pensar e son vitais para o seu desenvolvemento. Crebacabezas, peluxes, bonecos, coches teledirixidos, disfraces..., a oferta é moi ampla e a normativa que regula a seguridade destes produtos, particularmente severa. A razón é evidente: os nenos son moi vulnerables e poden en calquera momento facer un uso inadecuado ou non previsto do xoguete.

Logo de analizar no laboratorio 40 xoguetes de características diferentes e destinados a bebés e a nenos de ata 14 anos, comprobouse que oito, é dicir, un de cada cinco, incumpren a normativa de seguridade que lles é de aplicación. Trátase dos bonecos Pepo Píntame, Boxing King e Nenuco Mocosete, o Xoguete Creativo con imáns e adhesivos Barbie, o Maletín de Pintura Mickey Mouse, o helicóptero teledirixido Giro Marketing & Sales, o Discman con micrófonos Imaginarium e o gorro de pallaso Widmann. Tanto os fabricantes como a Administración competente en materia de consumo foron informados destes incumprimentos para que puidesen tomar as medidas oportunas.

Deseño e construción: nin pezas pequenas, nin puntas perigosas

Pepo Píntame é un can azul con bolso amarelo sobre o que se pode pintar cun bolígrafo especial cheo de auga (a tea muda de cor cando está húmida). O boneco aturou as probas de tracción en diversos puntos, pero cando estas probas se fixeron no bolso, rompeu, dando lugar a pezas pequenas que se poden tragar ou aspirar. Como é un xoguete para menores de 3 anos entra dentro dun uso convencional que os nenos e nenas tiren del e poidan rompelo. Por outra banda, ao aplicar sobre o Helicóptero Teledirixido Giro Marketing & Sales unha forza de 48 newtons quedou ao descuberto o eixe da hélice, unha punta que pode entrañar perigo. A norma esixe que soporte unha tracción de 60 newtons.

Dos 40 xoguetes, dous inclúen imáns, pero só o xogo de mesa Picadotty o fai de modo seguro (o tamaño dos imáns impide que poidan ser tragados). O Xoguete Creativo con imáns e adhesivos Barbie de Clementoni inclúe imáns pequenos que poden ser inxeridos polos nenos. Aínda que non está prohibido, faino sen advertir na súa etiquetaxe desta circunstancia, cando a norma si o obriga a informar do perigo de lesións internas que carrexa tragar estes obxectos.

Ftalatos: un tóxico prohibido pero aínda utilizado

A análise de tóxicos nos 20 xoguetes que se considerou que os poderían conter revelou a existencia de ftalatos en dúas mostras: na funda de plástico que serve de estoxo ás 56 pinturas Mickey Mouse Club House, de Poessa, e mais na figura articulada Boxing King, de Color baby.

Os ftalatos, compostos químicos que aumentan a flexibilidade dos plásticos, son tóxicos (poden causar comportamentos hormonais anormais e infertilidade) e é por iso que a normativa limita de modo moi severo o seu uso en artigos de puericultura e xoguetes: permite só ata o 0,1% de ftalatos. O estoxo das pinturas Mickey Mouse (7,9% de ftalatos) e a figura Boxing King (3,4%) son os únicos xoguetes comparados que superan o límite de ftalatos. Ningún dos dous fabricantes contempla como uso previsto destes xoguetes que os menores os chupen ou mordan, pero tampouco se pode descartar que os nenos máis pequenos o fagan.

Os técnicos de laboratorio provocaron curtocircuítos nos 12 xoguetes eléctricos que conformaban este comparativo. No discman con micrófonos de cor azul e botóns amarelos Duo Mic Imaginarium e Nenuco Mocosete de Famosa, as pilas queceron por riba dos 45 ºC permitidos pola norma. Parece pouco probable que o uso do xoguete por parte do neno ou da nena poida causar este curtocircuíto, pero a norma é taxativa ao respecto.

As probas de inflamabilidade, realizadas nos 14 xoguetes en que procedía, revelaron fallos no gorro de pallaso Widmann. Aplicóuselle unha chama durante cinco segundos á borla de la do gorro e comprobouse que tardaba catro segundos en apagarse (a norma esixe que sexan menos de dous segundos). Ademais, a lapa percorría máis de 70 mm antes de apagarse, cando este percorrido debe ser menor. No tecido do gorro, a lapa propágase a 24 mm/segundo (non se admite máis de 10 mm/segundo).

Problemas coa etiquetaxe

Tres de cada catro indicacións de idade, aínda sendo correctas, consideráronse mellorables, xa que aínda que indican dende que idade se pode usar o xoguete, non establecen unha idade máxima recomendada. Son menos, sete dos 40 analizados, os que non ofrecen indicación de idade ningunha; e só dous recomendan unha idade que se considerou inadecuada: o papaventos con forma de avión Imaginarium di estar indicado para nenos de 3 a 8 anos pero os pedagogos que asesoran esta revista xulgaron necesarios 6 anos para facer uso real deste papaventos e non limitarse a desempeñar o papel de mero espectador. O peluxe de Barrio Sésamo di ser adecuado para bebés desde que nacen, pero segundo os expertos o bebé debe ter polo menos 9 meses para gozar do peluxe.

O incumprimento máis grave viuse no Xoguete Creativo con imáns Barbie, que carece de advertencias de seguridade obrigatorias. Ademais, o enderezo do fabricante ou importador era incorrecto nas etiquetas da alfombra de escuma crebacabezas 'A Salvo', no gorro con perruca Widmann, no cochiño de bebé Graco, no maletín de pinturas Mickey Mouse e nas marionetas de Brancaneves. O peluxe de Barrio Sésamo non indica que cómpre retirar todos os engarzamentos antes de llo dar ao neno.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto