Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Compras realizadas por menores de idade. Nulidade do contrato

Un menor de idade merca unha moto cos cartos que lles rouba aos pais

 Un rapaz de 16 anos mercou unha moto nun establecemento de venda ao público no que se emitiu unha factura ao seu nome co seu DNI. Pero o menor de idade, que non dispuña de ingresos propios, roubáralles os cartos, 1.290 euros, aos seus pais sen o seu coñecemento. O comprador mantivo a compra en segredo ata que os seus pais se decataron e se puxeron en contacto co vendedor para anularen a compra. Tras conversas extraxudiciais sen resultado, os proxenitores do menor demandaron, quince meses despois da compra, o vendedor e solicitaron a nulidade do contrato, con devolución do prezo pagado, máis xuros, a cambio da devolución da moto. E gañaron o xuízo. A Audiencia de Santa Cruz de Tenerife, en sentenza do 30 de marzo do 2007, afirmou que o menor non tiña a capacidade de obrar esixible para lle dar validez ao contrato de compravenda. Respecto aos xuros do prezo pagado, a Audiencia engade que estes non se deben devengar dende a data de compra, senón dende o momento en que se realiza a devolución da moto.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto