Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai case un ano merquei un teléfono móbil e na mesma tenda ofrecéronme un seguro de roubo que aceptei. Agora ben, hai pouco tempo roubáronme o bolso co móbil dentro e a compañía de seguros informoume de que non se facía cargo dos gastos por tratarse dun furto. Podo facer algo?
O concepto de roubo no ámbito dos seguros é moi amplo e non se equipara necesariamente ao significado de roubo no ámbito penal. Dende o punto de vista do Código Penal, o roubo implica o uso da violencia ou intimidación das persoas, mentres que o furto se realiza sen violencia, mediante a subtracción dun ben alleo. É probable que na súa denuncia ante a Policía describise os feitos sen violencia, do que se desprende a cualificación de furto. En calquera caso, o concepto de roubo na lei de Contrato de Seguro é o de subtracción ilexítima por parte de terceiros dos bens asegurados, sen diferenciar os casos de violencia, polo que os tribunais admiten que as pólizas de roubo deben cubrir, en principio, o roubo e mais o furto, salvo mención expresa en contra aceptada polo titular do seguro. Por iso a persoa afectada debe comprobar na póliza que asinou se, en efecto, se trata dun seguro de roubo que exclúe de xeito expreso o furto. De non ser así, a compañía de seguros debería cubrir o sinistro. Convén que a persoa afectada continúe coa súa reclamación ante o Defensor do Asegurado da súa compañía e, en última instancia, ante a Dirección Xeral de Seguros. Para todos estes trámites pódenlle servir de axuda os servizos de consumo do seu Concello ou provincia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI