Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha casca nunha ensalada rómpelle dúas endodoncias ao pasaxeiro dun cruceiro, pero ninguén se fai cargo

O pasado ano durante as miñas vacacións nun cruceiro sufrín o seguinte contratempo: nunha das ceas a bordo mastiguei unha casca de noz cando comía unha ensalada e estragoume dúas endodoncias. Acudín á enfermería porque me informaron de que o médico era especialista en estomatoloxía. Pero non era certo e ademais non contaban con ningún tipo de material para estes casos no cruceiro. Alí mesmo tramitei unha denuncia asinada polo médico na que detallaba polo miúdo o que acontecera en presenza do grupo de comensais que nos acompañaban. Ademais, cando regresei a España denunciei tamén a axencia de viaxes para que se fixese cargo do dano que me causaran. Pero ao cabo de catro meses contestáronme que non se responsabilizaban do sucedido. Que podo facer?

 En primeiro lugar, é conveniente solicitar un acordo extraxudicial para o resarcimento do dano causado. De esta opción non dar resultado, a persoa afectada pode optar pola vía xudicial, aínda que se o prefire pode tramitar unha reclamación na Oficina Municipal de Información ao Consumidor do seu concello. Non obstante, se se realizou a reclamación, o aconsellable é contratar un avogado. Ao formar parte o cruceiro dunha viaxe combinada, pode dirixir a súa reclamación ou demanda contra a axencia de viaxes e tamén contra a empresa de venda por xunto do cruceiro. Suxerímoslle que continúe coas xestións, xa que, aínda que dende o punto de vista da responsabilidade das axencias de viaxes, a acción para reclamar ten un prazo de dous anos, a responsabilidade por neglixencia, do artigo 1902 do Código civil, prescribe ao ano. É conveniente que se axunten todas as probas documentais e mais os teléfonos, se dispón deles, e mais os enderezos das testemuñas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto