Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A metade dos nenos e o 70% das nenas sofren dor de costas, situación que se agrava de xeito considerable durante o curso escolar
O sedentarismo, as malas posturas na cadeira e, sobre todo, o peso excesivo nas mochilas escolares -un de cada tres escolares de máis de seis anos leva unha mochila cun contido que supón un 35% do peso do propio neno- son os principais causantes de que en España case o 50% dos nenos e o 70% das nenas padezan dor de costas antes de cumpriren os 15 anos. Canto máis nova é unha persoa, máis maleable é o esqueleto, polo que unha carga excesiva nas costas e uns hábitos posturais incorrectos condicionan un crecemento marcado por determinados vicios posturais e dores de costas crónicas. Esta situación cómpre previla mediante a formación en hábitos posturais saudables dende a infancia. Con este fin, CONSUMER EROSKI elaborou a Escola de Costas: todo para evitar a dor, onde se ensina como practicar as posturas máis saudables e reforzar as costas.
O tamaño da mochila debe ser o axeitado á idade e ao tamaño do rapaz. Unha mochila moi grande fai que a carga prexudique a zona lumbar, moito máis sensible ca a zona dorsal. A mochila debe descansar e adaptarse á curva que forman as vértebras dorsais, coidando que a súa parte baixa quede uns cinco centímetros por riba da cintura.
A mesa non debe incluír caixoneiras nin balda inferior para que o neno poida introducir por completo as pernas. No caso de que se empregue unha mesa de ordenador como pupitre, a balda inferior deberíase poder retirar cando non se utilice o teclado.
Procure que manteña unha boa postura cando durma. Non debe facelo boca abaixo, senón de lado ou boca arriba. Neste último caso, colocar unha almofada baixo os xeonllos libera de tensión as costas.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI