Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Dereitos de autor en Internet: O uso en Internet de traballos alleos "con todas as da Lei"

O respecto ás licenzas de uso dos contidos de Internet evita sorpresas desagradables

 Un internauta atopa unha imaxe que lle gusta en Internet, e nin sequera se fixa en quen é o autor. Cópiaa no seu ordenador e despois, cando decide abrir un blog na Rede, utilízaa como imaxe de cabeceira. Cos meses, o blog faise máis e máis popular e esa fotografía corre de navegador en navegador. Agora ben, un día o internauta recibe un correo do propietario da imaxe que copiou no que o insta a retirar a foto e mesmo o ameaza con accións legais. O propietario do blog atópase ante do dilema de que se retira a imaxe o seu blog perderá o deseño "de marca" que se fixo tan popular na Rede. Se non a retira, pode incorrer en delito e verse ante un tribunal ou pagando unha forte multa... Non obstante, se se fixase de antemán no tipo de licenza que tiña a fotografía, aforraría moitos desgustos; en non poucas ocasións abonda con citar o autor para poder utilizar un contido cultural con total liberdade.

Esta situación, aínda que ficticia, é cada vez máis habitual nos nacentes medios de comunicación en liña, xa sexa blogs, redes sociais, portais de novas ou simplemente páxinas persoais de usuarios. Nos seus comezos, era habitual utilizar sen demasiadas preocupacións as imaxes e textos que se atopaban a través dos buscadores. Nos máis dos casos, executábase sen intención de apropiarse da obra doutro autor, pero a realidade é que se facía un uso ilícito.

Cultura accesible, pero non sempre libre

Gradualmente, os autores das obras (é dicir, calquera usuario que publique unha fotografía, unha canción, un vídeo ou un texto nun sitio web) adquiriron conciencia dos seus dereitos e mais o suficiente dominio da tecnoloxía como para detectar se alguén está a utilizar as súas creacións sen o seu permiso ou sen respectar as licenzas establecidas. Na actualidade, semella polo menos arriscado utilizar un contido alleo de xeito inapropiado.

A cultura en Internet é accesible a todos, pero isto non significa que sempre poida ser utilizada por terceiras persoas sen ningún tipo de control. Nunha proporción considerable, só é posible baixo certas condicións, e en moitos non o é en absoluto. É importante telo en conta e fixarse ben no tipo de licenza que ten cada contido para evitar desgustos.

'Copyright' e 'Creative Commons'

Todos os textos e fotos teñen dereitos de autor, e os seus creadores están protexidos polo 'copyright'. Se o autor non alega nada en contra, só el ostenta todos os dereitos sobre a súa obra durante a súa vida e ata setenta anos logo da súa morte. Isto implica que só o autor ou os seus herdeiros poden facer copias da obra, reproducila, interpretala, crear obras derivadas ou presentala publicamente. O que a queira usar debe pedir permiso. As únicas excepcións son o dereito de cita (que permite reproducir fragmentos) ou a copia privada, sobre a que se mantén unha forte controversia no tocante á súa extensión.

O creador tamén pode renunciar ao 'copyright' e que a súa obra pase ao dominio público. Pero tamén hai unha terceira alternativa: as licenzas 'Copyleft', que lle permiten ao autor definir un amplo rango de posibilidades para concretar como quere que se utilice a súa obra. A licenza 'Copyleft' máis popular é 'Creative Commons'. As obras con 'Creative Commons' (exhiben a sigla CC) permiten a súa copia e distribución por parte doutros usuarios, pero coas anotacións, coñecidas como atributos, que decida o autor. As limitacións son as seguintes:

  • 'Attribution': esixe a cita do autor da obra.
  • 'Noncommercial': obriga a que quen a copie non poida obter beneficio económico.
  • 'Non Derivative Works': a obra débese distribuír sen modificacións (por exemplo, unha foto con esta licenza non se pode utilizar nunha colaxe).
  • 'Share Alike': esixe que todas as obras derivadas se distribúan sempre baixo a mesma licenza do traballo orixinal (por exemplo, prohibe que un libro con copyright se ilustre cunha foto CC). Estes atributos son combinables para que o autor faga a licenza á súa medida.

Estes atributos pódense combinar entre si. Así, un grupo musical pode decidir que calquera pode copiar as súas cancións sempre que os cite ('Attribution') e ninguén gañe cartos con elas ('Noncommercial'). Ou tamén podería prohibir que un DJ as remesturase incluíndo tamén o atributo "Non Derivative Works". Para os autores, elixir e aplicar unha licenza é tan sinxelo como entrar na páxina web e encher un sinxelo formulario.

Buscar e usar obras con licenza CC

A mellor opción para non atoparse con sorpresas desagradables no uso dunha obra dixital é decantarse só polas que inclúan unha licenza 'Creative Commons' (CC) ou similar, xa que abonda con respectar os seus atributos para evitar demandas posteriores. Abundan os sitios web nos que os usuarios poden colgar contidos baixo esta licenza: Flickr.com (en fotografía) e Youtube.com (en vídeos) son os máis coñecidos.

O servizo Flickr contén millóns de fotografías que gardan os usuarios. E aínda que por defecto lle outorga a cada imaxe unha licenza 'Copyright', permite tamén asignar licenzas CC. Máis aínda, Flickr posúe un buscador de imaxes que, amais de buscar por etiquetas (tags) colocadas en cada imaxe polos usuarios, permite seleccionar só imaxes coa licenza CC.

Tamén o servizo Stock.xchng permite gardar numerosas fotografías que teñan licenzas de uso aberto, aínda que neste caso non permite expresamente licenzas CC, senón outro tipo similar e con calidade moi alta. O servizo permite buscalas por orde de máis a menos descargadas, por etiquetas ou por orde de actualidade. Ademais, redes sociais como MySpace conteñen abundante música baixo CC que os usuarios poden descargar e reproducir nos seus sitios web.

Un modo rápido e efectivo de atopar contidos CC é utilizar o buscador específico (na parte superior dereita) do navegador Firefox, que indaga a través de numerosos sitios como Google, Flickr, OWL Music Search ou Yahoo! Tamén o novo navegador de Google, Chrome, dispón do modo "busca predeterminada" para os contidos exclusivamente baixo licenza CC. Abondará daquela con pór a palabra clave do contido que se quere buscar na caixa de enderezos para que aparezan os resultados.

Con todo, convén prestarlles especial atención aos atributos que ten cada licenza: sempre hai que indicar de xeito ben claro quen é o autor do contido e enlazar de maneira adecuada ao seu sitio web. Tamén convén evitar o aproveitamento de contido de webs comerciais se un dos seus atributos o prohibe.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto