Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía

Λ

Cleptomanía: o roubo da vontade e o control persoal

O 5% das denuncias por roubo corresponden a persoas afectadas por un trastorno compulsivo asociado á depresión e á ansiedade

 Acumulan denuncias por roubo e poden parecer ladróns comúns, pero están lonxe de se identificaren con este perfil delituoso. Os cleptómanos, que protagonizan o 5% das denuncias tramitadas por roubos, sobre todo por parte de mulleres, son persoas enfermas que sofren unha grande ansiedade antes de realizaren o furto. En xeral, séntense tan culpables que ao final devolven o obxecto roubado e piden desculpas. A cleptomanía nace como consecuencia dun malestar xeneralizado asociado a sentimentos de depresión e ansiedade. Outros trastornos do control dos impulsos comparables á cleptomanía son a compra compulsiva ou a bulimia nerviosa. En todos eles, as emocións negativas experiméntanse con tal forza que se apoderan da vontade do individuo, co que a razón e o pensamento lóxico pasan a un segundo termo. Como consecuencia, pérdese a capacidade de pensar serenamente e a perda do control tradúcese en rituais irrefreables e sen causa aparente.

Os que sofren este trastorno desenvolven accións compulsivas para reduciren o máis antes posible as emocións desagradables. No caso da cleptomanía, o roubo tórnase unha conduta incontrolada que serve para reducir a ansiedade do momento. Pero a impulsividade só é útil para intensificar o malestar, xa que un deixa de ser dono de si mesmo e pasa a ser escravo de reaccións que alteran a vida cotiá e que xeran sentimentos de culpabilidade por caer no mesmo erro unha e outra vez.

A cleptomanía sófrena os adultos conscientes dos seus actos, aínda que non poden controlar os momentos nos que se ven "obrigados" a roubar algún obxecto. Polo xeral, afecta a individuos que son presa doada das súas emocións e que se atopan nun momento moi estresante da súa vida, que sofren algún trastorno de personalidade ou que experimentan síntomas de depresión ou de ansiedade.

Emocións descontroladas

O sentimento de tensión que experimentan os cleptómanos intensifícase cando se expoñen a unha situación na que poden levar algún obxecto. Este nerviosismo evoluciona nestas persoas de xeito desagradable a medida que o roubo está a piques de se consumar. A emoción é tan intensa que o afectado non exerce un control sobre a súa vontade, aínda que si é consciente de que está a piques de cometer un acto discordante cos seus valores, pero é incapaz de pensar noutra solución para reducir o grao de ansiedade que o leva a consumar o furto. Por iso, só cando subtrae o obxecto experimenta unha sensación de liberación e alivio por botar fóra un malestar tan intenso.

Non obstante, esta sensación próxima ao benestar -que pode resultar aditiva- apenas dura uns minutos, xa que o malestar inicial substitúese por un sentimento de culpabilidade que non tarda en aparecer. Esta situación xera un círculo vicioso no que o desasosego forma parte da vida destes enfermos, do mesmo xeito que sucede noutros casos de alteracións aditivas e impulsivas.

Tratamento

 Cómpre consultarlle cada caso a un profesional para que elabore un diagnóstico completo no que non só valore a cleptomanía como a manifestación máis evidente. En xeral, adoita administrarse antidepresivos pola relación dos síntomas con niveis baixos de serotonina no cerebro.

O primeiro paso para recuperarse é realizar un rexistro detallado dos episodios vividos. Despois de cada roubo involuntario hai que anotar nun caderno a data, a hora, o lugar, o estado anímico previo ao furto e o obxecto roubado. Deste xeito, foméntase o control dunha conduta que no intre en que se leva a cabo parece non estar sometida a ningunha pauta. Así, mediante este control pódense observar secuencias repetitivas que permiten previr situacións similares. Doutra banda, o individuo é máis consciente do que acontece e adquire unha nova e pracenteira sensación de control sobre as condutas impulsivas, chegando a ser quen de substituír o modo habitual de actuar por outro que non acabe nun furto. Trátase dunha técnica útil ante calquera trastorno do control dos impulsos e adiccións porque permite unha maior concienciación do problema. Ademais, é habitual que cando se anota cada episodio, constátase que estes son máis frecuentes do que se estimaba ao primeiro, e que coa axuda do terapeuta estes impulsos se van poder substituír por condutas máis controladas.

Outra técnica útil e cargada de sentido simbólico é destruír todos os obxectos roubados. Coa súa destrución conséguese romper cunha etapa da vida na que se cometeron actos involuntarios e que causaron gran malestar. Deste xeito tan alegórico comézase unha nova etapa na que se pretende actuar de xeito diferente ante a ansiedade e a depresión.

É moi importante que un cleptómano comparta a experiencia vivida con persoas de confianza. Deste xeito compártese o problema e a vergoña desaparece aos poucos. Recoñecer o problema é sempre o primeiro paso para solucionalo e, ademais, aconséllase realizar un exercicio moi útil coas persoas que comparten o segredo: pedirlles que sirvan de acompañantes para acudir aos lugares onde se cometeron os roubos e que os vixíen para evitar novos episodios. Non se sentiren culpables resúltalles unha experiencia moi reparadora e aléntaos a que eles, máis adiante, acudan sós ao mesmo centro e experimenten a mesma sensación.

Para rematar, recoméndase que o afectado traballe na busca de sensacións positivas mediante outras actividades, como practicar deporte ao aire libre, gozar dalgún pasatempo e manter relacións sociais activas para previr o illamento. O maior antídoto para as condutas impulsivas e aditivas é vivir emocións intensas e positivas que provoquen sensación de plenitude. Deste xeito, mellora o estado de ánimo e desaparece case de maneira espontánea a necesidade de cometer pequenos furtos que fan a persoa escrava das súas emocións, perpetuando o seu malestar de modo constante.

Tipoloxía da cleptomanía

  • Cleptomanía esporádica. Prodúcense episodios breves e con longos intervalos de tempo entre un roubo e outro.
  • Cleptomanía episódica. Aparece dun modo máis constante no tempo, aínda que se poden apreciar remisións puntuais.
  • Cleptomanía crónica. Sófrese ao longo da vida con pequenas flutuacións na súa frecuencia e cunha dificultade importante para desfacerse do trastorno.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto