Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Menús escolares: analizados, durante dúas semanas consecutivas, os menús diarios de 211 colexios de 18 provincias españolas: Mellora a calidade dos menús escolares, aínda que un de cada tres non pasa do 'aceptable'

Un 17% dos centros visitados non inclúe verduras como mínimo un día á semana e os alumnos de unha de cada dez escolas non comen nin unha porción de peixe de luns a venres

Información completa para os pais e táboa comparativa

A información que se lles proporciona aos pais sobre a alimentación dos fillos mellorou de xeito considerable nestes catro anos. Todos as escolas analizadas manteñen os pais informados sobre os menús dos seus fillos. O medio máis utilizado é o escrito, no 87% dos casos, ou a publicación na páxina web da escola (no 13%). Esta información facíase chegar cada mes aos pais no 77% dos colexios incluídos neste informe, nun 17% esa frecuencia era trimestral, nun 3% dos casos era bimestral e anual noutro 3%. Con independencia da calidade da información proporcionada, correspóndelles aos pais e ás nais realizar unha visita ao comedor dos seus fillos para comprobaren se o que figura nas follas informativas que se facilitan dende os centros se axusta á realidade.

O prezo medio anda arredor dos cinco eurosa

O prezo diario dun menú escolar anda arredor dos 5 euros de media (4,9 euros). O incremento con respecto ao prezo medio rexistrado no 2004 (3,8 euros) foi dun 22%, case oito puntos por riba do IPC acumulado neste período (un 14,6%).

Constatáronse importantes diferenzas de prezo entre as escolas estudadas en función da súa titularidade. Así, os menús dos colexios privados son os máis caros. O prezo medio ascende a 7,8 euros por día, moi por riba dos 4,5 euros dos centros públicos analizados e tamén superior aos 5,7 euros dos concertados. Non obstante, o prezo máis oneroso atopouse nun colexio público de Navarra: 9,5 euros diarios. Tamén se atopou nun centro público, neste caso da Coruña, o máis barato (1,9 euros).

Para un número crecente de pais, o pagamento mensual do comedor escolar dos seus fillos supón un desembolso ao que non lle poden facer fronte, por iso recorren ás bolsas e subvencións que se conceden. Tres de cada catro centros educativos do informe da revista dispoñen desta axuda.

O prezo tórnase, en moitas ocasións, nun indicador da calidade do produto, aínda que non sempre é fiable de todo. A principal conclusión que se pode tirar cando se analizan os prezos diarios dos menús escolares nas 20 escolas máis caras e nas 20 máis baratas é que pagar máis pode asegurar un menú de maior calidade dietética.

19 dos 20 centros con menús máis caros (con prezos superiores aos 6,85 euros) supera o exame de CONSUMER EROSKI (aínda que tres o fan cun mediocre 'aceptable'). Da vintena de centros con menús máis económicos (con prezos inferiores aos 3,45 euros), son 14 os que aproban a análise nutricional. No conxunto do estudo, 32 das 211 escolas analizadas suspenden a avaliación dietética (un 14%) e 143 (un 68%) acadan unha cualificación de 'ben' ou 'moi ben'. O resto, 36 (un 17%) queda nun 'aceptable'.

TÁBOA COMPARATIVA

Os defectos máis graves dos menús escolares analizados por CONSUMER EROSKI*
Provincia Non verdura 1 Non legume 2 Non peixe 3 Escasa froita 4 Exceso de precociñados 5 Abuso doces 6
A Coruña 27% 46% 18% 18% 36% 0%
Áraba 0% 0% 0% 0% 0% 0%
Alacante 30% 20% 10% 0% 0% 0%
Asturias 58% 0% 8% 17% 0% 0%
Barcelona 0% 0% 31% 0% 6% 0%
Cantabria 27% 0% 18% 0% 9% 0%
Córdoba 55% 9% 9% 0% 9% 0%
Granada 60% 0% 0% 10% 0% 0%
Guipúscoa 9% 0% 9% 9% 9% 0%
Madrid 0% 0% 6% 0% 0% 0%
Málaga 9% 0% 0% 0% 0% 0%
Murcia 15% 23% 15% 0% 8% 0%
Navarra 0% 0% 0% 0% 0% 0%
Sevilla 0% 0% 0% 0% 0% 0%
Valencia 8% 8% 17% 0% 8% 0%
Valladolid 0% 0% 0% 0% 0% 0%
Biscaia 0% 0% 0% 9% 0% 0%
Zaragoza 0% 8% 31% 0% 0% 0%
Total 2008 17% 6% 10% 3% 5% 0%
Total 2004 7 36% 14% 30% 8% 15% 3%

*Os datos refírense exclusivamente aos menús escolares dos centros comparados.

1. Valórase a porcentaxe de escolas que non inclúen verdura polo menos unha vez por semana en unha ou nas dúas semanas analizadas.

2. Id. que non inclúen legume polo menos unha vez por semana en unha ou nas dúas semanas analizadas.

3. Id. que non inclúen peixe polo menos unha vez por semana en unha ou nas dúas semanas analizadas.

4. Id. que inclúen precociñados e frixiduras (san xacobes, salchichas, croquetas, luras, etc.) máis de dúas veces por semana en unha ou nas dúas semanas analizadas.

5. Id. que non inclúen froita fresca polo menos dúas veces por semana en unha ou nas dúas semanas analizadas.

6. Id. que inclúen como sobremesa produtos doces ou bolería máis de dúas veces por semana en unha ou nas dúas semanas analizadas.

7. Datos dun informe similar publicado en 2004 por CONSUMER EROSKI

Nota final das escolas de cada provincia e cualificación final (segundo CONSUMER EROSKI)
Provincias Moi ben Ben Aceptable Regular Mal Nota final
A Coruña 0% 18% 18% 27% 36% Mal
Araba 73% 27% 0% 0% 0% Moi ben
Alacante 50% 10% 20% 0% 20% Aceptable-Ben
Asturias 42% 0% 17% 25% 17% Regular
Barcelona 44% 19% 38% 0% 0% Ben
Cantabria 27% 27% 36% 0% 9% Aceptable-Ben
Córdoba 18% 27% 9% 27% 18% Mal-regular
Granada 40% 0% 50% 0% 10% Aceptable-Ben
Guipúscoa 55% 27% 0% 9% 9% Bien
Madrid 56% 38% 6% 0% 0% Moi Ben
Málaga 64% 27% 9% 0% 0% Moi Ben
Murcia 15% 23% 38% 15% 8% Aceptable
Navarra 40% 60% 0% 0% 0% Bien
Sevilla 92% 8% 0% 0% 0% Moi ben
Valencia 42% 17% 25% 17% 0% Bien
Valladolid 60% 40% 0% 0% 0% Moi ben
Biscaia 27% 64% 9% 0% 0% Bien
Zaragoza 54% 8% 38% 0% 0% Bien
TOTAL 2008 44% 24% 17% 7% 7% Bien
Total 2004 21% 20% 36% 22% 2%

Cualificacións:
O baremo final dos dous menús escolares estudados é o resultado da análise de dúas semanas de menú en cada escola. Estudouse a frecuencia de alimentos básicos que non deben faltar nos menús e o posible abuso de produtos que deben consumir, como máximo, ocasionalmente. Así, os requisitos mínimos que deben cumprir son os seguintes: incluír verdura, legumes e peixe fresco ou conxelado non elaborado como mínimo unha vez por semana; incluír precociñados e doces máximo dúas veces nunha mesma semana e froita fresca como mínimo un par de días á semana.

Este cadro só pretende resumir os datos globais do estudo. A mostra de centros escolares (só 211 para 18 provincias) analizada non permite xeneralizacións do tipo "os menús escolares de Murcia son os peores".

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto