Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Caldos de polo: líquidos e deshidratados: Os dados deshidratados son semellantes aos caldos líquidos e saen moito máis baratos

No nutricional son parecidos. Os deshidratados, que gustaron máis na cata, non son máis salgados, pero teñen aditivos, mentres que os caldos líquidos carecen deles

En síntese

 Prezo, nutrición, sabor, aditivos e medio natural entran en xogo. Tres dos catro caldos líquidos (cartón dun litro) custan entre 1,48 euros e 1,71 euros, e Aneto 3,30 euros, cando preparar un litro de caldo a partir de dados deshidratados sae entre 0,13 e 0,24 euros, é dicir, entre 7 e 25 veces máis barato ca o líquido. Está xustificada esta diferenza de prezo? Vexamos: dende un punto de vista nutricional (comparando o caldo líquido co caldo resultante do emprego destas pastillas), deshidratados e líquidos son similares, o contido en nutrientes é moi escaso en ambos os dous casos: proteína, graxa, hidratos e sal supoñen non máis do 3% do contido, o resto é auga. Ambos os dous conteñen moi pouca carne (a proteína en ningún caso supera o 1%), se ben cumpren co esixido pola norma.

O que máis teñen é sal, entre o 0,7% e o 1,1%, o que dá idea do seu irrelevante valor nutricional. A achega enerxética é ínfima e case a mesma: 5 calorías cada cen mililitros (medio vaso) de media nos deshidratados e 7 calorías/100 ml nos líquidos. Nos caldos líquidos non se empregan saborizantes como o glutamato, presente en todos os deshidratados, nin outros aditivos, como colorantes, conservantes, etc, que conteñen algúns deshidratados. Só Aneto, o máis caro, renuncia tamén aos espesantes (amidón de millo, extracto de fermento, trigo...), que o resto si empregan. Dende un enfoque organoléptico, segundo os resultados da cata son mellores os deshidratados, teñen máis sabor. E dende unha perspectiva ambiental, vencen tamén os deshidratados: ocupan menos espazo e pesan menos, polo que o seu transporte xera menos dióxido de carbono e consome menos carburante, e requiren na súa produción envases menores, co que xeran menos residuos.

En resumo, os caldos líquidos teñen menos aditivos, e ese é o seu único punto forte, se ben en materia de apreciacións gustativas, unha cata homologada serve só como orientación: cada persoa ten as súas preferencias.

TÁBOA COMPARATIVA

Producto Knorr Avecrem (Gallina Blanca) Maggi Knorr
Denominación de venda Caldo deshidratado de pollo con verduras Caldo de pollo, producto deshidratado Caldo de pollo deshidratado Caldo de la abuela pollo con verduras
Alegacións nutricionais "-30% sal", "sen conservantes" - - "Menos graxa máis sabor", "este caldo mantén todo o sabor e aroma sen axuda de conservantes e colorantes"
Formato 12 pastillas (120g) 12 pastillas (120g) 24 pastillas (252g) Brik de 1 litro
Prezo. (Euros/litro)1 0,23 (2 pastillas) 0,24 (2 pastillas) 0,13 (2 pastillas) 1,48
Etiquetaxe Correcto Incorrecto Correcto Correcto
Proteína (g/100ml) 0,4 0,2 0,3 1
Nitróxeno total (mg/litro)2 640 320 480 1600
Graxa (g/100 ml) 0,3 0,2 0,1 0,5
Hidratos de carbono (g/100ml) 0,5 0,4 0,5 0,1
Valor calórico. (cal/100ml) 6,3 4,2 4,1 8,9
Sodio(g/100 ml) 0,3 0,4 0,4 0,3
Sal. (g/100 ml) 0,7 1 1,1 0,9
Glutamato. (g/100 ml)3 0,11 0,11 0,10 Non engade
Ingredientes espesantes Amidón de pataca; Extracto de fermento Amidón de trigo; Amidón de millo Maltodextrina Amidón de millo; Extracto de fermento
Aromas Si engade Si engade Si engade Si engade
Gluten4 Positivo Positivo Negativo Negativo
Cata (de 1 a 9) 6,5 5,6 6,3 5,9
Producto Gallina Blanca Aneto Don Simón
Denominación de venda El caldo de pollo Caldo de pollo Caldo de pollo con jamón de jabugo
Alegacións nutricionais "Baixo en graxas"; "Contén solo 0,3% de materia graxa" - "Baixo en graxa"
Formato Brik de 1 litro Brik de 1 litro Brik de 1 litro
Prezo. (Euros/litro)1 1,71 3,30 1,59
Etiquetaxe Incorrecto Correcto Incorrecto
Proteína (g/100ml) 0,2 0,8 0,3
Nitróxeno total (mg/litro)2 320 1280 480
Graxa (g/100 ml) 0,6 0,3 0,3
Hidratos de carbono (g/100ml) 0,1 0 1
Valor calórico. (cal/100ml) 6,6 5,9 7,9
Sodio(g/100 ml) 0,3 0,2 0,3
Sal. (g/100 ml) 1,1 0,7 0,9
Glutamato. (g/100 ml)3 Non engade Non engade Non engade
Ingredientes espesantes Extracto de fermento Non engade Fécula de maíz
Aromas Si engade Non engade Si engade
Gluten4 Negativo Negativo Negativo
Cata (de 1 a 9) 5,2 5,3 3,7

1. Prezo: Nos caldos deshidratados, o prezo é o equivalente ao de dúas pastillas, as necesarias para obter un litro de caldo líquido.

2. Total: átomo presente na estrutura das proteínas. En alimentos, en xeral, utilízase o factor de conversión 6,25 para obter o valor equivalente de proteínas. Indicador do contido en proteína no caldo e, xa que logo, do contido de polo.

3. Glutamato: Aditivo potenciador do sabor; atribúeselle a propiedade de realzar o sabor natural dos alimentos e de aumentar a percepción do sabor salgado.

4. Glute: fracción proteica que se atopa en cereais como trigo, o centeo, avea e sorgo, causante da enfermidade celíaca nun sector da poboación.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto