Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Viaxes. Responsabilidade de compañías aéreas

Perden un voo internacional polo atraso do voo nacional, pero a compañía non quere afrontar os custos morais

 Uns pasaxeiros demandaron unha compañía aérea á que lle solicitaron 815 euros polo atraso do seu voo e prexuízos sufridos. Contrataran o voo Málaga-Madrid-Santiago de Chile, pero, ao se atrasar o voo Málaga-Madrid perderon o enlace a Santiago de Chile e un día de vacacións. A compañía facilitoulles aos pasaxeiros un novo voo ao día seguinte, pero durante as horas de espera ninguén os axudou e víronse obrigados a buscar o seu propio aloxamento nun hotel e a pagar os gastos de aloxamento, comida e transporte, que tampouco lles aboaron. No xuízo a compañía aérea aceptou pagar 215 euros como importe destes gastos, pero non os 600 euros reclamados por danos morais e pola perda dun día de vacacións. Non obstante, en sentenza do Xulgado Mercantil de Málaga, do 27 de abril do 2007, recórdase que o atraso se debeu a un reaxuste da compañía no seu propio interese e non por razóns de forza maior, polo que sancionou o dereito dos afectados de cobrar unha indemnización por dano moral. E para calcular o seu alcance tomou como referencia o prezo do billete e o tempo perdido dun día, o que deu como resultado unha indemnización máxima de cen euros por pasaxeiro.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto