Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un matrimonio iniciou un expediente de adopción internacional en Rusia mediante unha entidade colaboradora. Unha vez alí atoparon a nena que lles preasignaran nun estado de saúde lamentable. O persoal da entidade colaboradora insistiulles en que valorasen ben a decisión de adoptar a menor e brindáronlles a opción de lles ofrecer outra preasignación. Finalmente, desistiron da adopción pero a entidade non puido facilitarlles a preasignación doutro neno. O matrimonio considerou que houbo neglixencia e incumprimento de contrato por parte da entidade, polo que acudiu aos Tribunais reclamando unha indemnización. Aínda que lles pagaron case 14.000 euros en primeira instancia, perderon na apelación. A parella queixábase do mal servizo prestado e da presión á que os someteu a entidade colaboradora na toma da decisión final de adoptar ou non. Non obstante, para a Audiencia Provincial de Madrid, en sentenza do 11 de xullo do 2007, o contrato non contiña obriga de resultado, senón de medios, xa que o resultado non depende do intermediario, senón da aprobación xudicial no país da nacionalidade do adoptando. Por iso liberou de responsabilidades á entidade colaboradora.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI