Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía para o consumidor: Alimentos "light": a nova normativa gaña peso

As condicións do actual regulamento sobre declaracións nutricionais e de propiedades saudables nos alimentos débense aplicar non só na etiquetaxe, senón tamén na presentación ou publicidade dos alimentos, incluídos os comercializados sen envase ou a granel, e mais nas campañas publicitarias

 Os produtos "light" están a réxime. A ampla oferta que acolleron os andeis dos establecementos está condenada a diminuír de forma notoria. A razón? A nova normativa optou por abandonar ambigüidades para evitar que o consumidor saia prexudicado. Por iso, só se denominan así os produtos que reduciran o contido de calorías, graxas ou azucres como mínimo un 30%. Nin sequera estará permitido que un alimento se venda acompañado da mensaxe "% sen graxa" ou equivalente. Así o di o actual Regulamento europeo 1924/2006, do 20 de decembro do 2006, sobre declaracións nutricionais e de propiedades saudables nos alimentos, que entrou en vigor o 1 de xullo de 2007.

Pero as novas condicións non regulan só as declaracións light ou expresións semellantes. Tamén contempla as declaracións relativas ao contido "alto en, baixo en, maior, menor, reducido sen, fonte de..." para o resto de nutrientes (graxas, azucres, proteínas, fibra, vitaminas e minerais) e mais os referentes ao valor enerxético; mensaxes que aparecen de modo habitual en multitude de produtos.

Unha mostra: a lexislación quere evitar que os fabricantes de lambetadas inclúan nos seus envases a mención "baixo contido en graxa" sen facer mención ao seu "alto contido en azucre", máis propio nestes doces. Para iso establecerá os perfís nutricionais, aínda que aínda deberá agardar como máximo ata o 19 de xaneiro do 2009 para que a Comisión fixe os requisitos específicos que deberán cumprir os alimentos ou determinadas categorías de alimentos para que se poidan efectuar declaracións de propiedades saudables e as súas condicións de uso.

O obxectivo, amais de favorecer a libre circulación de produtos na UE, é facilitarlle ao consumidor a información necesaria para que poida elixir con pleno coñecemento de causa, garantía e seguridade, os produtos que lle permitan seguir unha dieta sa e equilibrada.

Cuestión de tempo

Todos os fabricantes deberán aterse ás esixencias do novo regulamento. Dende o 1 de xullo do 2007, a normativa recolle de momento unha listaxe de declaracións nutricionais que se poderán utilizar, xunto con calquera outra que poida ter o mesmo significado para o consumidor, e as súas condicións de uso. Así e todo, aínda é doado atopar nos establecementos produtos con declaracións nutricionais que non son válidas. É o caso, por exemplo, dunha conserva de atún "baixa en sal" que non inclúe na súa etiquetaxe nutricional o contido deste ingrediente, cando este dato é obrigatorio; ou un gaszpacho "baixo en calorías" que achega 35 calorías por 100 ml cando, segundo o novo regulamento, para denominarse así a achega enerxética non debería ser superior ás 20 calorías por 100 ml.

No tocante ás bebidas alcohólicas, estas non se van poder acoller a esta modalidade de "perfís nutricionais", xa que o regulamento descarta calquera posibilidade de formular alegacións saudables neste tipo de bebidas cunha graduación superior ao 1,2%. Delas, só se poderá indicar, como dato positivo, a diminución do seu grao alcohólico ou do seu contido calorífico.

Do mesmo xeito, a Comisión debe aprobar a listaxe definitiva de declaracións de propiedades saudables consensuadas e as súas condicións antes do 31 de xaneiro do 2010. Para a adición doutras declaracións non previstas na lista deseñouse un sistema de autorización e listas específicas, como no suposto de declaracións de redución do risco de enfermidade e declaracións relativas ao desenvolvemento e a saúde dos nenos.

Etiquetaxe específica

Dende hai uns anos, a etiquetaxe e a publicidade de distintos alimentos inclúen unha variedade de declaracións sobre o beneficio extraordinario para a saúde de diversos nutrientes ou substancias engadidas, reducidas ou eliminadas do produto. Esta circunstancia inflúe na decisión de compra e, polo tanto, na inxestión total de nutrientes. O consumidor elixe estes produtos por percibir neles unha vantaxe nutricional, fisiolóxica ou en calquera outro aspecto da saúde en comparación con outros produtos similares. Pero moitos deles non contan cun consenso científico abondo que sustente as mensaxes publicitarias nin a mercadotecnia que os envolve.

Para evitar esta confusión a nova regulamentación é contundente: esíxelle ao fabricante que garanta que as substancias sobre as que efectúa a declaración teñan un efecto nutricional ou fisiolóxico beneficioso. Co fin de garantir a veracidade das declaracións, a devandita substancia debe estar incluída no produto final en cantidades abondas ou ben estar ausente ou presente nas cantidades reducidas axeitadas como para que se cause o efecto beneficioso declarado. Do mesmo xeito, esta substancia debe ser asimilable polo organismo.

Categorías das declaracións

 

O Regulamento establece as seguintes categorías de declaracións:

  • Declaracións nutricionais. Aquelas que afirman, suxiren ou dan a entender que un alimento contén propiedades nutricionais específicas por razón da súa achega enerxética (valor calorífico) ou polos nutrientes ou outras substancias que contén ou non contén (por exemplo, "baixo en calorías, sal ou azucre" ou "rico en vitaminas, fibra ou proteínas").
  • Declaracións de propiedades saudables. Aquelas que dan a entender que hai unha relación entre unha categoría de alimentos, un alimento ou un dos seus compoñentes e a saúde. A publicidade está chea de exemplos deste tipo de declaracións que se refiren a alimentos que, por conteren un determinado ingrediente, son bos para as defensas do organismo ou nos axudan a reforzar a nosa saúde ou a reducir o colesterol.
  • Declaracións de redución do risco de enfermidade. Aquelas que afirman que o consumo dun alimento ou dun dos seus constituíntes reduce de xeito significativo un factor de risco de aparición dunha enfermidade (como anuncios ou etiquetas de alimentos que afirman que diminúe o risco de padecer isquemia coronaria ou accidentes cerebro-vasculares).

TáBOA COMPARATIVA

Declaraciones nutricionales en vigor que deben cumplir las etiquetas de los productos
Concepto Declaración
Baixo valor enerxético Valor enerxético reducido Sen
Valor enerxético Máximo 40 calorías /100 g (sólidos)
Máximo 20 calorías/100 ml (líquidos)
Redución mínima do 30% do valor enerxético orixinal, indicando a característica que provoque a redución (graxa, azucres...) Máximo 4 calorías/100 ml
*Para os edulcorantes de mesa: 0,4 calorías por porción, equivalente a 6 gramos de sacarosa (azucre común)
Baixo contido Sen
Graxa Máximo 3 g/100 g (sólidos)
Máximo 1,5 g /100 ml (líquidos) (1,8 g grasa/100 ml para o leite semidesnatado)
Máximo 0,5 g/100 g (sólidos) ou 100 ml (líquidos) Prohíbense as expresións "X% sen graxa" ou declaracións similares
Graxa saturada Suma de ácidos graxos saturados e ácidos graxos trans máximo 1,5 g/100 g (sólidos) ou máximo 0,75 g/100 ml (líquidos).
*A suma de graxas saturadas e graxas trans non deberá achegar máis do 10% do valor enerxético
Suma de ácidos graxos saturados e ácidos graxos trans máximo 0,1 g/100 g (sólidos) ou 100 ml (líquidos)
Azucre Máximo 5 g/100 g (sólidos)
Máximo 2,5 g/100 ml (líquidos)
Máximo 0,5 g/100 g (sólidos) ou 100 ml (líquidos) Sen azucres engadidos: se non se lle engadiu ao produto ningún monosacárido, disacárido, nin ningún alimento utilizado polas súas propiedades edulcorantes. Se os azucres están presentes de xeito natural nos alimentos, na etiquetaxe deberá figurar a indicación: "contén azucres naturalmente presentes"
Baixo contido Moi baixo contido Sen
Sodio/sal Máximo 0,12 g de sodio ou o seu equivalente en sal (0,31 gramos) por 100 g (sólidos) ou 100 ml (líquidos) Máximo 0,04 g de sodio ou o seu equivalente en sal (0,10 gramos) por 100 g (sólidos) ou 100 ml (líquidos) Máximo 0,005 g de sodio ou o seu equivalente en sal (0,01 gramos) por 100 g (sólidos) ou 100 ml (líquidos)
Fonte de Alto contenido
Proteínas Mínimo 12% do valor enerxético do alimento Mínimo 20% do valor enerxético do alimento
Fibra Mínimo 3 g/100 g (sólidos)
Mínimo 1,5 g/100 calorías.
Mínimo 6 g/100 g
Mínimo 3 g/100 calorías
Fonte de Alto contenido de
Vitaminas e minerais Maior ou igual que o 15% da cantidade diaria recomendada (CDR) por 100 g ou 100 ml ou por envase se o alimento ten unha única porción Maior ou igual que o 30% da cantidade diaria recomendada (CDR) por 100 g ou 100 ml ou por envase se o alimento ten unha única porción *As declaracións sobre a adición de vitaminas e minerais, do tipo "con..." ou "contén..." débense axustar ás condicións establecidas para a declaración "fonte de"
Contén Maior contido Contido reducido
Nutrientes u otras sustancias Esta declaración fai referencia á presenza ou engadido de substancias como esterois, soia, omega 3... que deben cumprir con todas as disposicións recollidas no Regulamento.
En vitaminas e minerais debe cumprir as condicións establecidas para a declaración "fonte de"
Debe cumprir dúas condicións: unha, que o incremento será como mínimo o 30% comparado cun produto similar; e dous, que se axuste aos requisitos establecidos para a declaración de "fonte de". Quedan excluídas as vitaminas e os minerais. A redución debe ser mínimo do 30% en comparación cun produto similar.
*Excepcións: para vitaminas e minerais, xa que abonda unha redución do 10% das CDR, e para o sodio abonda unha redución do 25%.
Light/lite (lixeiro)
Está suxeito ás mesmas condicións ca a declaración "contido reducido". Débese acompañar dunha indicación da característica que fai que o alimento sexa light/lite (lixeiro).

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto