Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
As condicións hixiénicas e de limpeza melloraron, pero aínda están lonxe de ser as desexables
A tatuaxe e a perforación corporal (piércings) están moi vinculados ás modas e tendencias urbanas. Pero non son en absoluto asuntos banais. Precisan unha intervención invasiva que esixe unha información exhaustiva e o cumprimento rigoroso de estritas medidas hixiénicas, sanitarias e de limpeza. O obxectivo non é outro que evitar que unha mala praxe ou que unha decisión precipitada xeren efectos perniciosos. Non obstante, e a teor da investigación que CONSUMER EROSKI realizou en 160 centros dedicados a esta actividade (un de cada dez dos que hai en España) en 18 capitais, a palabra "información" non está tatuada na mente da maioría dos que se dedican a perforar a pel para pigmentala ou para adornala con pezas metálicas.
Así, malia que estas intervencións implican romper unha das barreiras protectoras do organismo, que é a pel, no 72% dos casos os dependentes nin sequera lles preguntaron aos clientes se sufrían alerxias ou outro tipo de enfermidades. Non obstante, a limpeza e hixiene obtivo unha boa valoración e mellorou fronte a un estudo semellante realizado por esta revista no 2004, se ben está lonxe aínda do desexable. Este elemento é crucial nun labor no que o risco de contaxio ou de infeccións por un traballo deficiente é alto. De feito, o uso destes adornos corporais está desaconsellado dende un punto de vista médico e sanitario.
Os establecementos elixidos, 136 dedicados en exclusiva a estas prácticas e 24 centros con outras actividades de estética e beleza, foron visitados na Coruña, en Alacante, Almería, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Para recompilar a información necesaria, os técnicos de CONSUMER EROSKI compareceron en cada un dos centros facéndose pasar por clientes interesados nunha tatuaxe (sempre o mesmo: unha pequena letra chinesa en branco e negro) e no piércing máis económico de aceiro cirúrxico. Os cartos que hai que desembolsar en ambos os dous casos varía de xeito notable entre as distintas capitais e mesmo entre os centros dunha mesma cidade. Non obstante, o prezo medio do piércing solicitado ascende a 30 euros e o da tatuaxe, a 61 euros.
No desenvolvemento do cuestionario que cubriron os técnicos contouse coa colaboración de médicos dermatólogos e partiuse da normativa que algunhas comunidades autónomas (Andalucía, Galicia, Navarra, Cataluña, Valencia, Estremadura, Madrid e Murcia) aplican a estes establecementos e mais do esixente código de boas prácticas da Asociación Nacional de Mestres Tatuadores e de Piércings.
En liñas xerais os establecementos analizados suspenden o exame de CONSUMER EROSKI cunha nota de 'regular'. Tan só pasan a proba os centros visitados en seis cidades: Granada e Valencia cun 'ben'; e Bilbao, Córdoba, San Sebastián e Valladolid cun mediocre 'aceptable'. As peores valoracións foron para os locais analizados en Alacante, Barcelona e Zaragoza (todas cun 'mal') e para A Coruña, Almería, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, Sevilla e Vitoria (todas cun 'regular').
Acudamos a un establecemento que garanta unhas correctas condicións de hixiene e que estea rexistrado na Consellería de Sanidade e Consumo. Ademais, os tatuadores ou perforadores deben realizar un curso de formación.
Lavémola cun xabón antibacteriano líquido dúas veces ao día, usando só a man.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI