Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: O laboratorio do clima

O home do tempo trabúcase cada vez menos. Na última década deuse coñecido o tempo do que poderemos gozar durante as horas vindeiras cunha marxe de erro moi pequena, ao mesmo tempo que se conseguiu divulgar con precisión a predición de fenómenos atmosféricos para os próximos días e adiantar a evolución de manifestacións extraordinarias. A clave do progreso atópase no avance cualitativo e cuantitativo facilitado polas novas tecnoloxías na resolución numérica dos datos que se recollen na rede da Axencia Estatal de Meteoroloxía. En definitiva, non só se recibe máis información senón que esta é cada vez máis precisa e vai aumentando, ao mesmo tempo, a capacidade para interpretala e difundir conclusións acertadas.

  
Ruben García Blázquez

Recepción múltiple de datos

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ten encomendada a misión de lles ofrecer o prognóstico do tempo a organismos oficiais, aeroportos, portos e á sociedade en xeral. Trátase dun servizo público, atendido por funcionarios expertos e dotado das últimas tecnoloxías. Herdeira do Instituto Nacional de Meteoroloxía, a Axencia é un centro con máis de 140 anos de historia. Cun equipo que supera as 1.400 persoas, a súa rede confórmana 90 observatorios, 260 estacións automáticas, sete estacións de radiosondaxe en terra e unha no buque "Esperanza do Mar". Únense 15 radares meteorolóxicos, un de detección de raios e 4.500 estacións pluviométricas e termopluviométricas atendidas por colaboradores altruístas (preto de 4.900).

  
Ruben García Blázquez

Procesamento e tradución a gráficos e imaxes

¡Nebulosidade, temperatura, precipitacións, vento, radiación solar e descargas eléctricas. Todas estas variables son parámetros mensurables que se perciben como sinais numéricos enviados dende os satélites xeoestacionarios METEOSAT e GOES-Leste, e dende os polares TIROS-NOAA e METOp. Un enorme e potentísimo ordenador vectorial, contactado co Centro Europeo de Reading (Inglaterra) ocúpase do seu procesamento: o cálculo e a tradución a gráficos e imaxes que se serven ás diferentes terminais do Centro de Interpretación para a súa análise. O robot garda ademais todo o historial de datos dixitalizados dende 1972, unha ferramenta imprescindible para poder estudar e analizar o cambio climático.

  
Ruben García Blázquez

Difusión das predicións

A predición meteorolóxica (o tempo que vai facer) e todos os fenómenos que leva parellos (radiación solar, regos de raios ou de precipitacións intensas, formación de ciclóns...) contaban con tres destinatarios fundamentais: o Ministerio de Defensa, os aeroportos e os medios de comunicación. Pero no ano 2000 uníuselles un cuarto a través de Internet: a poboación xeral. Ás seis da mañá ofrécese a predición do día en curso e a dos dous días seguintes, e dende este mes de outubro adiantouse de xeito moi notorio a dispoñibilidade da predición para pasadomañá, que se difunde ás 10:00 horas. Hai que ter en conta que no centro se interpretan gráficos e datos dos vindeiros 9 días, pero é a partir do cuarto día cando quedan enmarcados baixo o apartado de probabilidades, xa que están suxeitos a cambios máis ou menos significativos, e os seus resultados non se difunden como predicións.

  
Ruben García Blázquez

Dependencia da fiabilidade

¡O tempo revelouse clave para o funcionamento dun país, abonda con reparar na chea de conversas que protagoniza. A aviación depende en boa parte del e protección civil necesita controlar coa maior exactitude posible a situación atmosférica para determinala como "aliada" ou "perigosa". Na Axencia, dous teléfonos vermellos comunican directamente con La Moncloa e coa Dirección Xeral de Emerxencias. Os 365 días do ano, a Axencia remite de xeito automático dous boletíns diarios coa predición. Elabora tamén unha carta marítima tres veces ao día que reciben os centros costeiros e, polo menos catro veces ao día realízase un boletín aeronáutico destinado a controladores aéreos: non tanto os dos grandes aeroportos, que están conectados coa central de datos e que contan con equipos propios de interpretación, como ás torres de control distribuídas por todo o país e que fan posibles os voos de baixa altura. Os gráficos que se envían alcanzan unha resolución de 20 quilómetros cadrados, aínda que en determinadas zonas poden quedar reducidos a cinco. Mesmo en áreas máis sensibles, polas súas características atmosféricas, a auga que portan as nubes chega a ser unha medida que cómpre ter en conta para alertar de posibles precipitacións torrenciais.

  
Ruben García Blázquez

A radioloxía

O apartado máis descoñecido da ciencia meteorolóxica que revela variantes clave do clima é a radioloxía. A Península Ibérica posúe a rede máis grande do mundo de radares radiolóxicos. A súa misión é mediren a radiación do sol que atravesa a atmosfera, é dicir, a enerxía coa que os gases solares chegan á Terra. Os raios e a potencia deses raios condicionan o clima e a súa evolución. O tristemente famoso burato de ozono deixou ao descuberto zonas onde a concentración de ozono na atmosfera era menor do desexable. Saltou a alarma e con ela a necesidade de controlar os efectos nocivos da radiación solar, de coñecer as zonas máis vulnerables e de realizar un seguimento que axude a interpretar non só o desenvolvemento da atmosfera senón tamén a súa vinculación cos fenómenos meteorolóxicos.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto