Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Outubro 2008

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Produtos financeiros para maiores: Alfombra vermella para os clientes bancarios xubilados

A escasa mobilidade dos seus aforros e mais o alto grao de fidelidade de xubilados e pensionistas atrae os bancos e as caixas, que deseñan produtos específicos para eles

 Recibos impagos, vivendas embargadas e unha crecente lista de morosos son algunhas das razóns de que, en períodos de crise como o actual, moitas entidades bancarias se afasten dos obxectivos económicos fixados. A maioría víronse obrigadas a revisar as súas estratexias e a buscar novos horizontes de negocio, nos que encaixan como unha luva os clientes maiores de 60 anos. Malia o seu baixo nivel medio de ingresos, a forte tendencia ao aforro dos maiores españois -o 47% declara que reserva parte dos seus ingresos a gastos futuros- convérteos nun grupo moi atractivo para bancos e caixas de aforro. É por iso que os maiores de 65 anos son, nestes momentos, os mellores clientes para as entidades financeiras, xa que carecen de cargas hipotecarias, dispoñen de aforros e son fieis. Se a isto se lle engade que no primeiro cuarto deste século España será o país coa poboación máis avellentada do planeta, cun 43% de poboación en idade de xubilación, este sector da sociedade converteuse nun novo filón.

Bancos e caixas xa lles ofrecen produtos específicos aos xubilados. Bautizados como Club dos 60, Círculo Pensión, Súper 55, Club Idade de Ouro ou Xente Vital, todos os produtos destinados a captaren a atención dos clientes de máis idade buscan a domiciliación da correspondente pensión, ofrecendo a cambio anticipos a conta, tarxetas gratuítas ou empréstitos, aderezados con xogos de louza, servizos de mesa, cámaras de fotos ou vídeo, viaxes, entradas para espectáculos, etc. As entidades bancarias son moi conscientes de que os elementos máis valorados polos pensionistas dunha entidade financeira son a proximidade, o trato familiar, a sinxeleza e a comodidade, amais de poderen dispor dos cartos da pensión antes do día 1 de cada mes, o día de pagamento para os vellos.

Agora ben, aínda que bancos, aseguradoras, empresas intermediarias e caixas de aforro pelexan por acadaren o maior número de xubilados, son estas últimas as que, segundo os datos de TNS Finance, dominan a carteira de clientes maduros. De feito, traballan co 85% das persoas maiores e son a entidade principal para o 70% deles. A banca online e a telefónica tamén gañaron adeptos de idade avanzada, e un 4% deles xa opera con estas entidades. Segundo a mesma fonte, as principais entidades financeiras coas que traballan os xubilados e pensionistas españois son La Caixa e o BBVA, nun 19% dos casos. O Santander traballa co 14% dos maiores, Caixa Madrid co 11% e Caixa Rural co 10%.

Obxectivo: fidelizar o cliente

Nun mercado en continuo movemento, caixas e bancos ofrecen distintos incentivos para captaren a atención dos máis de sete millóns e medio de potenciais clientes maiores de 65 anos. Un xeito de aseguraren a súa fidelidade é ofrecer regalos, descontos en viaxes e seguros asociados á titularidade dunha conta-pensión ou dunha tarxeta financeira, tendo en conta que os hábitos de vida mudaron tamén para os máis maiores. Os xubilados do novo século desexan seguir vivindo nas súas casas, pero, iso si, seguros e con comodidades, gastar os cartos que tanto lles custou aforrar e gozar do seu tempo libre viaxando. O IV Estudo Internacional sobre Xubilación do grupo Axa destaca que os españois son os cidadáns que en maior medida pensan usar os cartos da súa xubilación para o seu goce persoal (79%), mentres que as enquisas realizadas polo Deutsche Bank para o seu estudo "Estilos de Vida e Necesidades na Xubilación" retratan un xubilado que gasta unha media de 1.058 euros ao ano en viaxes, 526 euros en saúde e beleza e 383 euros anuais en afeccións e outras actividades.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto