Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ovos de diversos tipos: Frescos e libres de salmonella pero con defectos de calidade

Analizados ovos convencionais, "de curral", omega 3 e de galiñas criadas "en chan". Os de maior tamaño e prezo, os XL, foron os de peor calidade. Defectos de calidade e etiquetaxe, materias pendentes

Un por un, 24 paquetes de ovos convencionais, "de curral", Omega-3 e de galiñas criadas "en chan"

OVOS CONVENCIONAIS
Coren

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Prezos por unidade: 0,20 euros os de tamaño XL, 0,12 euros os de L e 0,10 euros os de M.
  • Os envases eran dunha ducia, agás no tamaño grande (XL), de media ducia.
  •  Etiquetaxe incorrecta no envase dos ovos XL e L (non se indica o significado do código do produtor). Ademais, os XL non eran tales (é dicir "criados en gaiola"), senón "de curral", tal e como indicaban os ovos no seu marcado.
  • Os L destacaron pola súa elevada proporción (33%) de defectos totais. A norma admite ata o 14% desta suma de defectos. O máis común (20% dos ovos) foi o do lixo na casca dos ovos, pero un 7% estaban fendidos (casca danada, e, non obstante, membrana intacta).
  • Os XL, peso fóra de norma: a proporción de ovos de calibre inferior non pode superar o 10%, pero o 58% destes XL eran en realidade de tamaño L.
  • Nos M, este defecto de peso viuse no 22%.
  • Nos L, o 35% dos ovos (tíñano ilexible), a marcaxe era incorrecta en maior proporción da admitida.

Dagu

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Os envases eran dunha ducia agás no tamaño grande (XL), de dez ovos.
  • Prezos por unidade: 0,22 euros os de tamaño XL, 0,15 euros os L e 0,12 euros os M.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos XL e L: non se indica o significado do código do produtor.
  •  Os XL destacaron pola súa proporción (37%) de defectos totais. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O máis común (o 20%) foi o da sucidade dos ovos, pero ata un 5% estaban fendidos (casca danada, pero membrana intacta) e un 7% tiñan una cámara de aire superior aos 6 mm (defecto de frescura).
  • Os L, os segundos (dun total de 14 mostras) con menor proporción de defectos totais (7%). E unha das dúas mostras de ovo convencional que cumpre a norma de defectos de calidade.
  • Os ovos convencionais, en xeral, con menos defectos de peso, xunto con Cantos Blancos.

Cantos Blancos

  • Calibres analizados: L e M.
  • Os envases eran dunha ducia.
  •  Prezos por unidade: 0,11 euros os de calibre L e 0,09 euros os M. Os máis baratos de todo o comparativo. A mellor relación calidade-prezo de todo o comparativo son os ovos M de Cantos Blancos.
  • Cantos Blancos é a única marca con etiquetaxe correcta en todas as mostras.
  • As dúas mostras figuran entre as cinco máis frescas das 24 comparadas. Ademais, son os únicos, xunto coas outras tres mostras da mesma marca, que levan a data de posta en cada ovo.
  • Os M son unha das catro mostras de ovo convencional que cumpren a norma de defectos de calidade. Son os convencionais con menos defectos de peso, xunto cos de Dagu.

Pitas-Pitas

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Os envases eran dunha ducia.
  • Prezos por unidade: 0,20 euros os XL, 0,16 euros os L e 0,13 euros os M.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos L e M (non se indica o significado do código do produtor).
  •  Os XL non eran convencionais ("criados en gaiolas") como indicaba o envase, senón "de curral", tal e como puña nos ovos. Destacaron pola súa proporción (43%) de defectos totais, os segundos que máis. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O máis común (o 23%) foi o dunha cámara de aire superior aos 6 mm (defecto de frescura), pero ata un 8% estaban fendidos (casca danada, pero membrana intacta) e un 7% tiñan manchas de carne ou sangue no interior do ovo.
  • Tamén os L tiñan demasiados defectos (35%), o máis común o de cámara de aire superior a 6 mm (defecto de frescura): tíñano o 15% dos ovos.
  • Os M foron unha das cinco mostras con maior frescura das 24 comparadas. E non había, neste calibre, moitos ovos con defectos de calidade (13%).
  • Os XL (71,1 gramos) foron os únicos de todo o comparativo que non alcanzaban o peso medio do seu calibre (máis de 73 gramos), se ben se debe a que a súa etiquetaxe era errónea: é case seguro que se trataba de ovos de curral L, de menor peso. A proporción de ovos de calibre inferior non pode ser superior ao 10%, e o 73% destes supostos XL eran en realidade de tamaño L. O motivo é o mesmo ca no defecto de peso medio.
  • Nos L, a proporción de ovos de calibre inferior era do 20%, tamén fóra de norma.

Matines-Cotoverde-Liderou

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Os envases eran de media ducia nos tamaños XL e M, e dunha ducia os L.
  • Prezos por unidade: 0,26 euros os XL, 0,17 euros os L e 0,23 euros os M. Son os máis caros, ata o punto de que rozan os prezos medios dos "de curral" e superan os dos Omega-3.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos L (non se indica o significado do código do produtor).
  •  Os XL son os de maior proporción (50%) de defectos totais de todo o comparativo. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O máis común (case o 47%) foi a sucidade dos ovos. A suma de defectos totais dos L foi do 23% das unidades, e destaca que o 12% estivesen fendidos (casca danada, pero membrana intacta).
  • Nos M, destaca que o 7% tiñan manchas de carne ou sangue no interior do ovo. Nos XL, a proporción de ovos de calibre inferior ao declarado era do 33%, cando a norma admite ata o 10%.
  • Nos M, no 32% dos ovos (téñena ilexible ou falta algún número) a marcaxe é incorrecta en maior proporción ca a admitida.

OVOS "DE CURRAL"
Coren

  • Calibre analizado: M.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,22 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta:
    1. no envase (non se indica o significado do código do produtor) e
    2.  realiza declaracións de saúde -"só os ovos de curral de Coren son como os ovos de antes; de cor intensa, sabedores, sans e naturais"- que non poden facerse e menos aínda sen explicar os porqués e sen acompañar información complementaria.
  • A suma de defectos totais (20% das unidades) non é das maiores, aínda que a norma fixa un máximo do 14%; o que si destaca é que o 12% tivesen fendas.
  • O 42% dos ovos tiña un peso distinto do que lle corresponde ao seu calibre (M, o terceiro menor) polo que están fóra de norma (só se admite ata o 20%), pero en todos os casos era superior. O peso medio das unidades estudadas foi de 63 gramos, no límite do que marca a norma.

Dagu

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,23 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase (non se indica o significado do código do produtor).
  •  Destacaron pola súa proporción (33%) de defectos totais. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. Os máis comúns foron unidades con féndoas (15%), lixo nos ovos (10%), e nun 7% a cámara de aire superior a 6 mm (defecto de frescura).
  • Os de maior peso medio dos ovos "de curral", con 67 gramos cada un.

El Aldeano (Pitas)

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,23 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase (non se indica o significado do código do produtor).
  •  O 22% de ovos con defectos, cando a norma admite ata o 14% de suma de defectos. No 10%, cámara de aire superior a 6 mm (defecto de frescura) e un 8% con féndoas. Nota: esta mostra foi analizada 10 días antes da data de caducidade, mentres que as outras mostras se analizaron 13 días antes desa data, o que puido repercutir neste resultado de frescura.

Matines

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,23 euros.
  • Etiquetaxe correcta.
  • A mellor relación calidade-prezo dos ovos "de curral".
  •  O 17% de ovos con defectos, os de menos defectos entre os "de curral", pero admítese só ata o 14% de suma de defectos.
  • Unha das cinco mostras con maior frescura das 24 comparadas.

OVOS OMEGA-3
Coren

  • Calibre analizado: M.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,18 euros.
  •  Etiquetaxe incorrecta no envase (non se indica o significado do código do produtor).
  • Os de menor proporción de defectos de calidade, só o 7%.
  • Son os de maior contido en Omega 3 (DHA e EPA), con 566 mg/100 g.

Dagu

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,16 euros.
  •  Etiquetaxe incorrecta: realiza declaracións de saúde ("Frescos, saudables e sabedores") que non se poden facer e sen acompañar información complementaria.
  • Contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA): 436 mg/100g, nin os que máis nin os que menos.
  • Os de maior peso medio dos ovos Omega 3, con 67 gramos.
  • Enriquecido en vitamina E: ten case 11 mg/100 g, pero declara só 6,1 mg/100 g. Equivale a 10 veces máis vitamina E ca un ovo non enriquecido nesta vitamina.

Cantos Blancos

  • Calibres analizados: diversos calibres.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,16 euros.
  •  Cantos Blancos é a única marca con etiquetaxe correcta en todas as mostras analizadas. Son, ademais, os únicos, xunto coas outras tres mostras da mesma marca, que levan a data de posta en cada ovo.
  • No 12% dos ovos, cámara de aire superior aos 6 mm (defecto de frescura).
  • Contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA): 412 mg/100 g, nin os que máis nin os que menos.

Pitas-Pitas

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,16 euros.
  • A mellor relación calidade-prezo dos ovos enriquecidos en Omega-3.
  • Etiquetaxe correcta. Os de menor peso medio dos ovos Omega 3, con 58 gramos cada ovo.
  • Contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA): 482 mg/100g, os segundos con maior cantidade de omega 3.
  •  Enriquecido en vitamina E: ten algo máis de 11 mg/100 g, pero declara só 5,9 mg/100 g. Equivale a 10 veces máis vitamina E ca un ovo non enriquecido nesta vitamina.

Matines

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,20 euros. Os máis caros dos enriquecidos en Omega-3.
  •  Etiquetaxe correcta. Son os terceiros que maior proporción (38%) de defectos totais presentaron en todo o comparativo. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O defecto máis común (o 30%) foi o da sucidade dos ovos.
  • Son os de menor contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA) das cinco mostras, con 395 mg/100 g, aínda que sexa unha cantidade máis ca aceptable.

OVOS "CHAN"
Cantos Blancos

  • Calibres analizados: diversos calibres.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,19 euros.
  • Cantos Blancos é a única marca con etiquetaxe correcta en todas as mostras (nesta análise foron 4 distintas).
  •  Unha das poucas mostras deste comparativo que cumpre a norma de defectos de calidade. E unha das cinco con maior frescura das 24 comparadas. Os únicos, xunto coas outras tres mostras da mesma marca, que levan a data de posta en cada ovo.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto