Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O fontaneiro, malia inundar a cociña, cobra 280 euros por arranxar o vertedeiro

Para solucionar o atoamento do vertedeiro da cociña, o fontaneiro executou unha solución provisional. Non me cobrou nada pero advertiume de que se volvería atascar porque era necesario substituír un tramo do cano. En efecto, medio ano despois volveuse atascar. Chamei a outro fontaneiro e empregou o mesmo método durante varias horas, pero nesta ocasión sen resultado, polo que se decidiu por outro método. Regresou á casa máis tarde coa ferramenta adecuada para introducir auga a presión no cano. Non obstante, este sistema non só non funcionou senón que se inundou a cociña. O meu pai, alí presente, pediulle que volvese aplicar a sirga e esta vez si que funcionou. O problema é que o fontaneiro me pide 280 euros, pero non me envía a factura, senón unha carta do seu avogado coaccionándome para que pague en tres días. En ningún momento me deu un orzamento. Podo actuar por vía penal?

 Non todo incumprimento contractual civil leva aparellado un delito de estafa. No seu caso pódense producir infraccións administrativas e mesmo civís, pero non penais. Pode consultar cun avogado ou acudir ás vías administrativas de consumo e/ou aos tribunais civís. No lugar de residencia da persoa afectada, na Rioxa, o Decreto 24/1996, do 3 de maio, polo que se regula a actividade de prestación de servizos profesionais no domicilio dos consumidores considérase a falta de entrega de orzamento como sancionable pola Administración. O consumidor tamén pode acudir ao establecemento e solicitar unha folla de reclamacións para denunciar así a falta de orzamento, o exceso abusivo de horas investidas na reparación, as incidencias rexistradas e a falta de xustificación documental do importe reclamado. Tamén dispón da Arbitraxe de Consumo, que, aínda que voluntario, é gratuíto e menos complexo ca a vía xudicial. Pode contestar a través da OMIC a carta do avogado e manifestar a súa desconformidade cos traballos realizados, a falta de dilixencia e os danos causados pola inundación, amais de reclamar a prefactura cos conceptos do importe detallados polo miúdo. En caso de chegar a xuízo, interesaralle solicitar un informe pericial que aclare se os métodos e tempos utilizados para a reparación son ou non os axeitados para o tipo de avaría.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto