Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Educación Especial: Formación integradora para capacidades diferentes

O sistema educativo español atende case 140.000 alumnos con necesidades especiais

 Ás portas dun novo curso escolar, as bágoas dos máis pequenos confúndense cos abrazos e cos nervios dos que xa experimentaron a sensación de compartir por primeira vez un pupitre con outros nenos da súa idade. Todos acoden á clase o mesmo día, aínda que non todos reúnen as mesmas aptitudes ou capacidades de aprendizaxe, unha diferenza que nunha primeira ollada pode non apreciarse, pero que determinará o futuro escolar do menor. A súa inclusión no sistema educativo viviu unha evolución na que foron desaparecendo os sistemas que fomentaban o illamento dos menores con algún tipo de deficiencia física, psíquica, motora ou sensorial, e impedía, na maioría dos casos, que alcanzasen un óptimo desenvolvemento das súas capacidades e do seu proceso de socialización.

Un alumno precisa axuda educativa especial cando as súas dificultades son maiores respecto ao resto dos seus compañeiros na aprendizaxe que se determina no currículo correspondente á súa idade e precisa, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas para compensar as devanditas dificultades. Tamén se inclúen neste grupo os que debido á súa alta capacidade intelectual precisan de actividades complementarias para a súa correcta formación.

Xa sexa por discapacidade física, motora, psíquica, trastornos graves de conduta, ou sobredotación, e segundo datos do Ministerio de Educación, preto de 140.000 alumnos de niveis anteriores á universidade con necesidades educativas especiais aténdense nas aulas escolares españolas, xa sexa en centros de educación especial específica (21%) ou en centros educativos ordinarios (79%). Segundo datos do Sistema estatal de indicadores da educación 2006, o último publicado polo Instituto Nacional de Calidade e Avaliación (INCE), a deficiencia psíquica é o diagnóstico da maior porcentaxe de alumnos con necesidades educativas especiais, un 60%, seguido dunha porcentaxe moito menor de alumnos diagnosticados por autismo e trastornos graves de personalidade, 14%. O resto de diagnósticos non superan o 10%.

Escolarización, ordinaria ou especial?

Todos os alumnos, sexa cal for a súa condición, deben integrarse no actual sistema educativo. No caso dos alumnos con necesidades educativas especiais (NEE), a súa adaptación debe desenvolverse nun contexto o máis normalizado posible desde o momento da súa detección, o que implica dispoñer de determinados servizos ou axudas pedagóxicas, que van desde as máis ordinarias ás máis específicas, e inclúen axudas temporais e outras prestacións permanentes. O Real decreto 334/85, do 6 de marzo, de ordenación da Educación Especial (EE), recoñece que conforme o principio de normalización, as persoas non han de recibir nin utilizar servizos excepcionais máis ca nos casos imprescindibles, polo que a escolarización debe realizarse en centros ordinarios, e adaptar os programas ás capacidades individuais de cada alumno. Por esta razón a escolarización en unidades ou centros de educación especial só se leva a cabo cando as necesidades do alumno non se poidan atender nun centro ordinario, é dicir, cando se trata de alumnos con necesidades educativas permanentes asociadas a condicións persoais de discapacidade psíquica, sensorial ou motora, graves trastornos do desenvolvemento ou múltiples deficiencias que requiran adaptacións significativas específicas.

Para iso cóntase con diversos centros de Educación Especial, institucións públicas ou privadas, nos que se poderán escolarizar, logo da proposta e decisión dos Equipos de Orientación Educativa e Psicopedagóxica (EOEP) e en conformidade coa familia, os alumnos con NEE asociadas a atraso mental severo e profundo, a plurideficiencias e a trastornos de personalidade vinculados á psicose e ao autismo.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto