Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES: Biblioteca nacional: a gardiá da expresión escrita

Fundada por Felipe V en 1712 como Biblioteca Pública de Palacio, a Biblioteca Nacional é dende 1836 a institución encargada de salvagardar, conservar e difundir a sabedoría escrita e gravada ao longo do tempo. Entre as súas paredes ocupan un espazo concreto e catalogado 30.000 manuscritos, 3.000 incunables, 500.000 impresos anteriores a 1831, seis millóns de monografías modernas, máis de cen mil títulos de revistas e unha colección de vinte mil xornais distintos. Tamén hai lugar para partituras -máis de medio millón de obras, impresas ou manuscritas-, decenas de miles de documentos sonoros e audiovisuais; e fondos cartográficos antigos e modernos de todo o mundo. Mesmo garda postais, cromos e coleccionables de quiosco.

Pero a Biblioteca non é un cámara selada. É unha librería viva, á que chegan exemplares todos os días: obras que se acaban de publicar, coleccións doadas e xoias adquiridas que coa súa entrada inician unha viaxe que as vai levar dende as caixas de embalaxe ao seu lugar definitivo, de onde non se moverán salvo que un investigador solicite o seu empréstito. A frenética actividade que se desenvolve dentro destas centenarias paredes de pedra evidencia a boa saúde da cultura e as súas expresións.

  
Ruben García Blázquez

20 toneladas de publicacións ao mes

A actividade dun día calquera na Biblioteca Nacional comeza no peirao de carga e descarga dos sotos. As dependencias de entrada acollen ao cabo dun mes 20 toneladas de publicacións: libros, xornais, gravados, coleccións, partituras, mapas, fascículos, cromos, e todos os soportes dixitais e analóxicos posibles organízanse en caixas para o proceso de catalogación. De acordo á lei, o impresor está obrigado a remitir polo menos dous exemplares de todo aquilo que estea recoñecido cun depósito legal -o 92% do que se publica, en calquera formato, teno-. Superado o control, un labor que vén facilitado pola rede de bibliotecas, que realiza o primeiro inventario e comproba o número de exemplares presentados, comeza a inxente tarefa de catalogación.

  
Ruben García Blázquez

O selo e as cifras estatísticas

Na sala de precatalogación colócaselles o selo e mais a etiqueta antirroubo a todos os exemplares. Cada traballador encárgase dun tipo de material, e un equipo do Instituto Nacional de Estatística solicita datos das entradas. Os volumes, así que se lles retira o plástico que os envolve, de ser o caso, comezan a responder a unha división por formatos e categorías descritivas que serán as que rexan o seguinte proceso técnico.

  
Ruben García Blázquez

Números e signaturas

O exemplar pasa a formar parte da Biblioteca no momento en que é sometido ao seu rexistro. Elabórase daquela unha descrición técnica e bibliográfica. Asígnaselle un posto de acceso que responde a unha fórmula mundial de catalogación e recibe un número que será definitivo. Sepáranse o exemplar de conservación e o de depósito, e a este impónselle a súa signatura: o conxunto de números e letras que o identifica e correlaciona coa súa ficha de busca ou empréstito.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Andares de catalogación

A gran maioría do fondo contemporáneo sitúase nos depósitos da sede da Biblioteca en Alcalá de Henares. Non obstante, os doce andares de catalogación gardan as xoias máis demandadas polos investigadores. En corredores interminables, con luz artificial, unha temperatura constante e unha rede labiríntica, atópanse perfectamente amoreadas as revistas -do primeiro ao sexta andar- e mais os libros -os seis restantes-. A orde que ocupan nos estantes obedece ao tamaño do volume e á súa signatura. Algúns exemplares están protexidos en caixas de cartón para impedir que o ácido do papel os estrague polo paso do tempo (as pezas máis delicadas están microfilmadas). Miles de andeis gardan obras manuscritas antigas e modernas, arquivos persoais, incunables, impresos medievais, primeiras edicións, obras especiais, de teatro, Cervantes e a biblioteca de referencia especializada.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

As salas: Cervantes, Goya e Barbieri

Para poder tomar asento nun dos 308 pupitres da Sala Cervantes cómpre dispor do carné de investigador ou lector. As obras de referencia son accesibles sen necesidade de reserva; as outras recóllense baixo demanda que, ben se pode facer in situ, ou ben a través da páxina web da Biblioteca. Igual acontece cos usuarios das Salas Goya e Barbieri. A primeira arquiva debuxos, estampas, ilustracións e gravados, carteis, ex libris e ephemera (produtos impresos sen vocación de permanencia, como cromos, etiquetas publicitarias, envoltorios de produtos...), carteis, fotografías, iconografías e fondos de referencia especializados en arte, así como mapas antigos e modernos, manuscritos e referencias de cartografía. A sala que recibe o nome do músico e pai da zarzuela garda partituras e libros de música e musicoloxía, manuscritos e impresos, revistas e folletos especializados, arquivos orixinais musicais, rexistros sonoros, documentos audiovisuais e multimedia, e arquivos da palabra.

  
Ruben García Blázquez

A expresión en todas as súas formas

A Biblioteca salvagarda todo o que se edita, non importa o formato, o tamaño, a transcendencia ou o éxito da obra. A única condición para formar parte da entidade é posuír o Depósito Legal. Entre o 2000 e o 2007 obtivérono 1.280.786 títulos. As cifras tamén retratan as tendencias do mercado: se nos anos 90 se rexistraron máis de 25.000 vídeos e tan só 278 DVD, transcorridos dez anos cóntanse 12.000 vídeos e case 26.000 DVD. Máis curiosa é a morte do disquete: cero rexistrados no último lustro fronte aos oito mil da década anterior. Tendencias da cultura.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto