Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un consumidor asinou a compra de aproveitamento por quenda de bens inmobles mediante o pagamento dun anticipo e a contratación dun empréstito cun banco ofrecido pola comercializadora da propiedade para lle facer fronte á cantidade restante. Pero o cliente, descontento coa adquisición, exerceu o dereito a resolver o seu contrato de compra, acolléndose á Lei 42/1998. Para iso, viuse obrigado a ir a xuízo e a reclamar a devolución do aboado e a nulidade dos dous contratos. A Audiencia Provincial de Madrid, en sentenza do 11 de maio do 2007, deulle a razón ao titular e declarou nulos o contrato de compra e mais o empréstito. De acordo co artigo 12 da Lei 42/1998 sobre dereitos de aproveitamento por quenda de bens inmobles de uso turístico os empréstitos quedan resoltos nos prazos legais de 10 días para desistir ou de tres para resolver, tal e como se acreditou neste caso. A Audiencia estimou que existía un acordo previo en exclusiva entre a entidade que concedía o empréstito e o provedor da multipropiedade e que a proba diso non recaía no consumidor, senón sobre a financeira. E condenou en custas ás empresas demandadas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI