Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Viaxes combinadas. Condena en custas

Os noivos teñen que pagar o cambio de hotel porque está en obras

  Unha parella acabada de casar demandou ás axencias que lle venderon a viaxe de lúa de mel por incumprimento parcial das condicións e defectuosa execución da súa viaxe a Thailandia e a Bali. A razón: o hotel non reunía as condicións contratadas e ademais atopábase en obras, o que determinou o cambio a outro hotel de superior categoría mediante o pagamento da diferenza de prezo entre un e outro. Isto supúxolle ao matrimonio unha redución do gasto previsto para outros proxectos, a asunción do custo do teléfono e fax, o trato desafortunado do correspondente da axencia de viaxes por xunto, do persoal do novo hotel e da policía de Bali, e frustración. Por iso, solicitaron unha indemnización por danos materiais (1.710 euros) e por danos morais (5.000 euros). En primeira instancia, admitiuse de xeito parcial a súa demanda e as axencias de viaxes foron condenadas ao pagamento de 1.710 euros por danos materiais e de 1.186 euros a cada un por danos morais. Pero as axencias de viaxe condenadas apelaron e alegaron que como a demanda era parcial, non correspondía que se lles impuxesen as custas. E a Audiencia de Madrid, en sentenza do 6 de xuño do 2007, deulles a razón e deixou sen efecto a condena en custas imposta.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto