Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Varios compradores adquiriron en construción unha vivenda con faiado. No momento de asinar as escrituras, os faiados continuaban en construción. Seis meses despois, rematadas xa as obras, comprobaron que a súa superficie útil era inferior á que recollían as escrituras. Por este motivo demandaron ao promotor e solicitaron unha indemnización por incumprimento parcial do contrato de compravenda. E gañaron o xuízo. A Audiencia Provincial de Biscaia, en sentenza do 26 de febreiro do 2008, condenou á empresa vendedora a indemnizar os clientes con 3.000 euros máis os xuros e as custas. A Audiencia afirmou que a proba pericial acreditou tanto a superficie útil do faiado e a diferenza coa escriturada como a existencia dunha columna central que reducía de xeito notable as posibilidades de manobrar. Acreditado no xuízo o prezo do metro cadrado de faiado na zona, condenou á vendedora a aboar a indemnización solicitada.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI