Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha xornada de praia para os nenos non se debe alongar de xeito continuado máis de dúas horas, que en ningún caso coincidirán coas de máxima incidencia solar -de 12:00 a 16:00 horas-.
A intención de gozar dun día soleado de praia cos máis pequenos da casa pode traer consecuencias negativas en calquera momento se non se toman as convenientes precaucións ante os innumerables riscos e perigos relacionados co sol e coa auga. Cada verán falecen afogados entre 70 e 100 persoas nas nosas praias e piscinas, e o maior risco de accidentes córreno os nenos con idades comprendidas entre un e catro anos. Esta estatística poderíase reducir cunha maior atención e vixilancia por parte dos adultos. Tampouco se debe descoidar a protección dos máis pequenos ante os raios solares, os golpes de calor e as insolacións, xa que entre un 2% e un 5% dos nenos que acoden á praia sofren queimaduras de segundo grao e arrubiamentos acompañados de febre, eritema, insomnio, falta de apetito, náuseas e, nos casos máis graves, convulsións.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI