Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Vídeo en vivo dende Internet: A imaxe cóase no chat

A integración das videocámaras nos ordenadores portátiles e o económico prezo das 'webcam' propiciaron a aparición de numerosos servizos para transmitir vídeo en directo

 A consolidación do mercado das cámaras de vídeo para ordenadores, coñecidas como 'webcam', trouxo consigo o descenso dos seus prezos ata importes alcanzables para calquera peto. Nestes momentos pódese adquirir un modelo de rango medio por menos de 18 euros. Por outro lado, este baixo custo propiciou que a 'webcam' se convertese nun accesorio de fábrica en calquera portátil, polo que a proporción de usuarios con webcam no seu ordenador aumenta a gran velocidade. Estes dous factores abríronlles as portas a numerosos servizos que posibilitan o uso da videocámara como un elemento máis na comunicación entre internautas.

Clases de música dende o 'Messenger'

O servizo de mensaxería instantánea de Microsoft, o Windows Live Messenger, e tamén o de Yahoo!, o Yahoo! Messenger, facilitan, ademais de manter conversacións de voz, que os usuarios se vexan en vivo a través de pequenas pantallas abertas nos seus ordenadores. Trátase de servizos sinxelos e gratuítos: só precisan estar dado de alta no servizo e a instalación dunha webcam no ordenador.

A utilidade desta tecnoloxía depende das intencións de cada internauta, pero máis alá da pura comunicación con familiares e amigos, son diversas as aplicacións prácticas que se atoparon nestes servizos de vídeo. Por exemplo, a páxina web 'Compoñemos' ofrece cursos de aprendizaxe de diversos instrumentos nos que se utiliza o Windows Live Messenger como medio para impartir clases presenciais. Así, mestre e alumno vense fronte a fronte cos seus instrumentos e poden practicar sen necesidade de recorrer a complexas explicacións de texto para definir o modo en que se utiliza unha guitarra, un saxo ou un violín.

A páxina Guitar2000 tamén ten un servizo de clases de guitarra por medio de vídeo en vivo, amais de ofrecer un boletín con 'vídeoleccións' semanais de posición dos dedos, distintos punteados, etcétera. Ata na aprendizaxe de idiomas con profesores nativos se utiliza o vídeo en vivo. Este tipo de clases páganse online mediante transferencias con servizos de micropagamentos como PayPal. Aínda que tamén hai comunidades gratuítas como Italki (www.italki.com), onde a cambio de ensinar o noso idioma, podemos practicar con falantes nativos.

Reunións en aberto

Os sitios web de emisión en directo poden incluír outras aplicacións profesionais interesantes. Por exemplo, algunhas empresas tecnolóxicas utilizan servizos que lles prestan o seu ancho de banda gratis aos directivos para que estes lle poidan transmitir as súas reunións laborais a un grupo selecto de contactos externos aos que se lles permite, ademais, manifestar as súas opinións. Deste xeito, conséguese abrir as reunións corporativas a eventuais conselleiros que poidan dar solucións a determinados problemas.

Outra utilidade bastante socorrida é a de emitir conferencias ou cursos maxistrais a través destes sitios, co que se amplía a audiencia con quen non se pode desprazar ata o lugar da charla. Estas persoas só deben acceder a unha páxina web creada para emitir a conferencia e así ver a imaxe. Por outra banda, os emisores deciden se desexan que a súa transmisión sexa de acceso libre ou exclusiva para os contactos seleccionados.

Televisións persoais

Pero a imaxe en directo en Internet non se centra só na diversidade de utilidades profesionais ou de formación, tamén é un medio para contarmos a nosa vida de xeito desinteresado a outros internautas a quen non coñecemos. O fin, neste caso, é crear unha personalidade na Rede e establecer relacións con outros usuarios. Cada vez nacen máis servizos onde predomina o usuario que lle emite a súa vida cotiá á comunidade, tanto en vídeos gravados coma en transmisións en directo. É o que se coñece co nome de canles de 'televisión persoal'.

Nestes servizos, en xeral gratuítos, abonda con darse de alta mediante unha dirección de correo electrónico e un contrasinal para comezar a emitir dende a 'webcam' aquilo que se desexe. Moitos son os internautas que utilizan estes servizos cun propósito social, amosando a súa imaxe mentres traballan ou navegan por Internet. Outros narran os seus pensamentos fronte á cámara ao mesmo tempo que inician sesións de música ou fan a manicura. E non son poucos os seus seguidores!

Algúns sitios populares

 
  • Stickam: Trátase dun sitio web que permite ver as emisións doutros usuarios e efectuar as propias elixindo a opción de ofrecerllas a toda a comunidade ou só a determinadas persoas. Os usuarios poden chatear co emisor do vídeo, facelo partícipe da súa opinión ou votalo nunha clasificación das mellores emisións. Stickam é gratuíto e require darse de alta cunha conta de correo para comezar a emitir dende a 'webcam' propia.
  • BlogTV: O seu funcionamento é moi similar ao de Stickam, pero co engadido de que permite crear canles persoais que funcionan dende a páxina do usuario no servizo. Ademais, facilita a unión na mesma pantalla das imaxes televisivas dos contactos que están a ollar para o usuario, cos que se pode comunicar. Deste xeito pódense organizar reunións multibanda nas que todos os participantes se ven e dialogan entre si.
  • Qik: É un servizo pensado para a emisión en directo cun teléfono móbil conectado a Internet. Esta prestación só se activa dende un móbil co sistema operativo Symbian (das marcas Nokia, Sony Ericsson ou Samsung) e recibe as imaxes que este vai captando. A partir de aí, envíaas pola rede telefónica á páxina web de Qik, onde se emiten pola técnica de 'streaming' (as imaxes van pasando e non quedan gravadas) para seren vistas. Os vídeos emitidos inclúen un código que lles permite ser vistos en calquera outra páxina web ou blog.
  • Mogulus: Distínguese dos demais porque permite mesturar vídeos con emisións en directo, como faría o realizador dunha televisión, polo que o estilo que se consegue é máis profesional e acorde ao concepto de televisión. O usuario pode comentar algún vídeo que vira na Rede, emitir despois outro vídeo que elaborara coa súa cámara e, para rematar, saír en directo e comentar ambos os dous vídeos.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto