Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Bicicletas na cidade: analizados 37 carriles bici e 11 servizos públicos de préstamo de bicicletas: As cidades danlles as costas á bicicleta

Escasa dotación de carrís bici, carencia de estacionamentos axeitados e insuficiente conexión co transporte público condicionan a aposta da bicicleta como alternativa de transporte urbano

O mellor e o peor, por cidades e táboas comparativa

A Coruña:

  • O mellor: O único carril bici de que dispón A Coruña destaca pola súa seguridade: trátase dunha vía ampla independente da beirarrúa e da calzada que se atopa moi ben sinalizada.
  • O peor: Só conta con 9 quilómetros de carril bici, nos que non atopou nin un só aparcabici. Non ten sistema público de alugueiro de bicicletas.

Alacante:

  • O mellor: Nada positivo.
  • O peor: Unha das cidades da análise menos equipadas para circular en bicicleta: non dispón de ningún carril bici e tampouco hai un servizo de alugueiro público de bicicletas.

Barcelona:

  • O mellor: Conta coa rede máis extensa de bicicarrís do estudo: 128 quilómetros. A iso cómpre engadir 14.000 aparcabicis distribuídos pola cidade e un sistema de alugueiro público útil e en bo estado de mantemento.
  • O peor: A limpeza e mantemento dos carrís bici. Ademais, nos tres carrís analizados atopáronse ata 30 peóns obstaculizando o paso das bicis e 8 automóbiles estacionados.

Bilbao:

  • O mellor: É unha das poucas cidades nas que o sistema de alugueiro público de bicicletas oferta tándems preparados para o uso de persoas con minusvalidez. Ademais, permítese introducir a bicicleta no metro, no tren e no tranvía.
  • O peor: Só conta con 14 quilómetros de bicicarril e o servizo de alugueiro público de bicicletas non funciona durante todo o ano (comeza en maio).

Córdoba:

  • O mellor: Pioneira en despregar un servizo de alugueiro público de bicicletas automático e, ademais, gratuíto. Cómpre salientar tamén o bo mantemento dos seus carrís bici (conta cunha rede de 42 quilómetros) e dos seus aparcabicis.
  • O peor: As tarefas pendentes de Córdoba son ampliar os puntos de recollida e entrega de bicicletas e mais mellorar a información que se lle ofrece ao usuario.

Granada:

  • O mellor: A sinalización do carril bici, especialmente nos cruzamentos.
  • O peor: Non conta con servizo de alugueiro público de bicicletas e a súa rede de bicicarrís é insuficiente (sete quilómetros, un por cada 33.743 habitantes).

Madrid:

  • O mellor: Os tres traxectos de carril bici analizados por esta revista atopábanse nun estado óptimo, ao igual ca a calidade do servizo do alugueiro público de bicis.
  • O peor: Só conta con 62 quilómetros de carril bici, situados ao longo do Anel Verde, sen tocar practicamente as arterias clave da cidade, e o alugueiro de bicicletas está dirixido en exclusiva aos turistas ou ás persoas que queiran gozar do parque Xoán Carlos I.

Málaga:

  • O mellor: Bo mantemento e sinalización dos carrís bici analizados.
  • O peor: Non conta con servizo de alugueiro de bicicletas e a rede de carrís bici é insuficiente: só 5,5 quilómetros (un por cada 102.045 habitantes).

Murcia:

  • O mellor: O carril bici atopábase en boas condicións.
  • O peor: 4,7 quilómetros de carril bici non abondan para unha cidade de 422.861 habitantes. Tampouco ten sistema de alugueiro público de bicicletas.

Oviedo:

  • O mellor: Nada positivo.
  • O peor: Non ten nin carril bici nin sistema de empréstito de bicicletas.

Pamplona:

  • O mellor: 41 quilómetros de carril bici. O seu servizo municipal de alugueiro de bicicletas informa de incidencias na cidade (desvíos, obras, cortes de tráfico, accidentes, etc.).
  • O peor: A conexión entre os carrís bici. Ademais, durante os percorridos realizados observouse unha evidente falta de aparcabicis.

San Sebastián:

  • O mellor: O sistema de empréstito de bicicletas é moi bo.
  • O peor: O estado de deterioración dalgúns dos carrís bici analizados e mais os poucos quilómetros que compoñen a rede destes camiños específicos para ciclistas, só 28.

Sevilla:

  • O mellor: Un bo número de puntos de entrega e recollida das bicicletas do servizo de alugueiro (160) e unha boa rede de carrís bici (84 quilómetros).
  • O peor: A escasa limpeza dos bicicarrís analizados.

Santander:

  • O mellor: O mantemento dos carrís bici.
  • O peor: Apenas ten 10 quilómetros de carril bici e as carencias no sistema de empréstito municipal de bicicletas son numerosas.

Valencia:

  • O mellor: 70 quilómetros de carrís bici. Boa sinalización dos carrís reservados para ciclistas.
  • O peor: Deterioración e lixo nos carrís bici analizados e que non conta cun sistema de empréstito de bicicletas.

Valladolid:

  • O mellor: 49 quilómetros de carrís bici. O funcionamento do servizo de alugueiro de bicicletas.
  • O peor: Algunhas bicicletas do sistema municipal de alugueiro non estaban limpas.

Vitoria:

  • O mellor: A ampla rede de carrís bici, con máis de 50 quilómetros. O servizo de alugueiro de bicicletas conta con unidades adaptadas para persoas con minusvalías.
  • O peor: As bicicletas do servizo municipal de alugueiro só poden ser usadas 4 horas como máximo. Falta de carteis informativos nalgúns puntos de recollida e entrega das bicicletas alugadas.

Zaragoza:

  • O mellor: A rede de carrís bici está composta por 75 quilómetros de sendas específicas para os ciclistas.
  • O peor: Poucos aparcabicis e un estado de mantemento mellorable dos carrís bici.

TÁBOA COMPARATIVA

A bicicleta como medio de transporte alternativo nas cidades
Cidades Sistema de alugueiro público de bicicletas (1) Carrís bici (2) Nota Media
Media Regular Regular Regular
A Coruña Moi mal Mal Mal
Alacante Moi mal Moi mal Moi mal
Barcelona Ben Ben Ben
Bilbao Ben Ben Ben
Córdoba Ben Ben Ben
Granada Moi mal Regular Mal
Madrid Regular Regular Regular
Málaga Moi mal Mal Mal
Murcia Moi mal Moi mal Moi mal
Oviedo Moi mal Moi mal Moi mal
Pamplona Ben Aceptable Aceptable
San Sebastián Moi Ben Ben Ben
Santander Aceptable Mal Regular
Sevilla Moi Ben Ben Ben
Valencia Moi mal Regular Mal
Valladolid Ben Regular Aceptable
Vitoria Ben Ben Ben
Zaragoza Aceptable Regular Aceptable

(1). Sistema de alugueiro público de bicicletas: neste apartado, tívose en conta, en primeiro lugar, se existe ou non este servizo e se este é personalizado ou automático. Ademais, cualificouse o servizo en conxunto, é dicir, o ano da súa posta en marcha, os horarios de funcionamento, o prezo, o número de bicicletas dispoñibles e o número de puntos de entrega. Ademais, aquelas cidades que dispuñan do alugueiro sometéronse a unha análise do tipo de información que ofrecían e se esta era completa (normas, sancións, horarios, tarifas, dereitos e obrigas, entre outros datos). Comprobouse tamén o estado no que se atopaba a bicicleta alugada (se dispuña dos elementos de seguridade necesarios: luces, elementos reflectantes, freos, etc.).

(2). Carrís bici: ao igual ca no apartado anterior, CONSUMER EROSKI comprobou a dotación de carrís bici da cidade e estableceu se a rede era abonda en función da poboación da cidade. Aqueles núcleos urbanos que dispuñan deles sometéronse ademais a un estudo sobre a sinalización (se o carril se identificaba doadamente, se había sinais de velocidade máxima, se as marcas viarias estaban ben debuxadas, e se os cruzamentos estaban ben sinalizados), sobre o estado de mantemento do firme (se estaba porco, tiña fochas ou algún outro tipo de problema) e sobre o itinerario (se había moitas pendentes, cambios de rasante ou curvas perigosas). Ademais, tomouse en consideración se se trataba dun carril seguro (que os peóns ou vehículos privados non invadisen o carril, ou que os propios ciclistas levasen elementos reflectantes para seren visibles). En materia de aparcabicis, comprobouse se durante o percorrido había un número abondo e se se atopaban limpos e en correcto estado.

Nota final da dotación de carrís bici cidade por cidade (segundo CONSUMER EROSKI)
Cidades Dotación de carrís bici na cidade (1) Sinalización carrís para bicicletas (2) Mantemento dos carrís bici (3) Seguridade dos ciclistas (4)
Media - Aceptable Moi Ben Moi Ben
A Coruña 9 Km (1 Km por cada 27.154 habitantes) Ben Moi Ben Excelente
Alacante 0 Non hai Non hai Non hai
Barcelona 128 Km ( 1 Km por cada 12.462 habitantes) Regular Moi Ben Moi Ben
Bilbao 14 Km (1 Km por cada 25.226 habitantes) Moi Ben Excelente Ben
Córdoba 42 Km (1 Km por cada 7.705 habitantes) Regular Moi Ben Moi Ben
Granada 7 Km (1 Km por cada 33.744 habitantes) Ben Ben Moi Ben
Madrid 62 Km (1 Km por cada 50.524 habitantes) Moi Ben Moi Ben Moi Ben
Málaga 5,5 Km (1 Km por cada 102.045 habitantes) Ben Moi Ben Moi Ben
Murcia 4,7 Km (un Km por cada 89.970 habitantes) Moi mal Excelente Excelente
Oviedo 0 Non hai Non hai Non hai
Pamplona 41Km (1 Km por cada 4.754 habitantes) Moi Ben Moi Ben Moi Ben
San Sebastián 28 Km (1 Km por cada 6.539 habitantes) Regular Moi Ben Excelente
Santander 10 Km (1 Km por cada 18.180 habitantes) Ben Excelente Moi Ben
Sevilla 84 Km (1 Km por cada 8.323 habitantes) Moi Ben Moi Ben Moi Ben
Valencia 70 Km (1 Km por cada 11.395 habitantes) Mal Moi Ben Regular
Valladolid 49 Km (1 Km por cada 6.460 habitantes) Ben Moi Ben Ben
Vitoria 55 Km (1 Km por cada 4.172 habitantes) Moi Ben Moi Ben Moi Ben
Zaragoza 75 Km (1 Km por cada 8.725 habitantes) Mal Moi Ben Excelente
Cidades Número de aparcabicis totais segundo Concello (5) Estado dos aparcabicis situados xunto ás vías analizadas (6) Nota Media
Media Regular Mal Regular
A Coruña - Moi mal Mal
Alacante - Non hai Moi mal
Barcelona 14.000 Aceptable Ben
Bilbao 101 Moi Ben Ben
Córdoba 149 Excelente Ben
Granada - Aceptable Regular
Madrid - Ben Regular
Málaga - Mal Mal
Murcia - Moi mal Moi mal
Oviedo - Non hai Moi mal
Pamplona 220 Moi mal Aceptable
San Sebastián 590 Regular Ben
Santander - Moi mal Mal
Sevilla 119 Moi mal Ben
Valencia - Aceptable Regular
Valladolid 66 Moi mal Regular
Vitoria 167 Mal Ben
Zaragoza 50 Moi mal Regular

(1). Dotación de Carrís bici: CONSUMER EROSKI comprobou a dotación de carrís bici de cada cidade, e en función da poboación que residía nela demostrou se se trataba dunha rede abonda para a cidade. Cómpre lembrar que este apartado é o que máis peso tivo no momento de cualificar cada cidade, e que Alacante e Oviedo non contaban con este equipamento.

(2). Sinalización: observouse a sinalización dos carrís bici analizados en cada cidade (máximo 3): se comparten espazo con beirarrúas e calzadas ou se teñen un percorrido independente. Comprobouse tamén se contan coa preceptiva sinalización, marcas viarias, pavimento de diferente cor e textura...

(3). Mantemento: o estudo analizou o estado de mantemento destas vías e puxo especial atención en se o firme se atopaba en correctas condicións, en que non houbese fochas, en se a pintura era lexible, en se o pavimento era escorregadizo, en se os bordos que os delimitaban ou cruzaban estaban perfectamente conservados e rebaixados, en se había curvas pronunciadas, pendentes, cambios de rasante...

(4). Seguridade dos ciclistas: neste apartado analizouse se existían situacións de perigo para os usuarios de bicicleta ocasionados por vehículos estacionados ou circulando polo carril bici, por peóns que cruzan estes camiños sen mirar, por coches que lles fan adiantamentos indebidos ás bicicletas, por ciclistas que non levan o casco ou que van a unha excesiva velocidade...

(5). Número de aparcabicis en cada cidade: Indicouse o número total de aparcabicis en cada cidade, segundo a información que cada Concello lle ofreceu a esta revista.

(6). Aparcabicis: comprobouse que as rutas analizadas durante os percorridos dos carrís bici contaban cun bo número de aparcadoiros para bicicletas e que estivesen ben distribuídos ao longo do carril bici. Ademais, observouse polo miúdo o estado de mantemento deses lugares

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto