Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Bicicletas na cidade: analizados 37 carriles bici e 11 servizos públicos de préstamo de bicicletas: As cidades danlles as costas á bicicleta

Escasa dotación de carrís bici, carencia de estacionamentos axeitados e insuficiente conexión co transporte público condicionan a aposta da bicicleta como alternativa de transporte urbano

 A bicicleta é, nas nosas cidades, un medio de facer deporte, non unha alternativa real de transporte. Os parques, zonas verdes e pouco máis son os redutos nos que é posible pedalear sen pór en risco a integridade física. Pero é que ademais dáse o paradoxo de que moitos cidadáns deben utilizar o automóbil para se achegaren a eses espazos, entre outras razóns porque se lles prohibe introducir a súa bicicleta no autobús ou no metro. Un elemento clave é a dotación de carrís bici, na que a escaseza é a norma. Así o constatou CONSUMER EROSKI no estudo que realizou en 18 capitais españolas. Dúas delas non dispoñen deste tipo de vías, noutras tres o equipamento é tan escaso que a proporción de habitantes por quilómetro de carril bici é superior a 50.000, e só en dúas se atopa por baixo dos 5.000 cidadáns por quilómetro de carril bici. A iso súmanse as carencias de aparcadoiros para bicicletas e a anecdótica conexión co transporte público. Xa que logo, os datos amosan que, salvo contadas excepcións, as cidades seguen a lle daren as costas á bicicleta.

CONSUMER EROSKI comprobou ata que punto a bicicleta é un medio de transporte urbano. Por unha banda, analizou 37 carrís bici e 11 servizos de alugueiro público de préstamo de bicicletas en 18 cidades españolas: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Por outra banda, remitiulles aos concellos un cuestionario para coñecer o equipamento co que contan para favorecer o uso da bicicleta.

Os resultados amosan que a viabilidade do uso da bicicleta como vehículo urbano está aínda lonxe de ser real. De feito, a valoración global non pasa dun insatisfactorio 'regular'. Por cidades, as capitais peor equipadas para desprazarse en bicicleta son Alacante e Oviedo, que suspenderon de xeito rotundo o exame cun 'moi mal'. A razón: non dispoñen de bicicarrís nin de servizo de alugueiro público de bicicletas. Murcia comparte esta nota porque tampouco conta con servizo de alugueiro e porque a súa dotación de carrís bici é insuficiente. Algo semellante acontece en Málaga, Granada, Valencia e na Coruña, que suspenderon cun 'mal'. No extremo oposto atópanse Barcelona, Bilbao, Córdoba, San Sebastián, Sevilla e Vitoria, que aprobaron cun 'ben'. Pamplona, Valladolid e Zaragoza recibiron un 'aceptable'; e Madrid e Santander non superaron o 'regular'.

O binomio ideal: cidade e bicicleta

Para que a bicicleta sexa unha alternativa real de transporte urbano, as cidades deben adaptarse a este vehículo. Velaquí algúns dos requisitos básicos:

  1. Unha boa infraestrutura en carrís bici. Importa a cantidade, pero tamén a calidade. Deben comunicar o maior número posible de zonas da cidade (centro, barrios limítrofes e pequenas localidades próximas) e conservarse nun bo estado de mantemento. Ademais, estas zonas específicas para o paso de bicicletas deben estar correctamente sinalizadas para garantir a seguridade de ciclistas, peóns e condutores de vehículos.
  2. Localización de aparcabicis. A situación dos estacionamentos de bicicletas é especialmente útil ao longo dos carrís bici, fronte a polideportivos e zonas deportivas, centros educativos, espazos culturais e institucionais, estacións de autobuses ou tren e, en xeral, na maior parte dos puntos neurálxicos da cidade.
  3. Conexión co transporte urbano. Unión dos carrís bici con paradas ou estacións de transporte público e mais a posibilidade de acceder e levar consigo a bicicleta no interior destes medios de transporte urbano.
  4. Unha maior oferta de alugueiro municipal de bicicletas. Fomento do seu uso entre residentes e turistas.
  5. Campañas de educación viaria. Os destinatarios deben ser tanto os propios ciclistas como os condutores de automóbiles e peóns, para que entre todos sexan capaces de transformar a cidade cara a un modelo sostible e lograr unha repartición respectuosa da rúa entre todos.
 

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto