Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Escasa dotación de carrís bici, carencia de estacionamentos axeitados e insuficiente conexión co transporte público condicionan a aposta da bicicleta como alternativa de transporte urbano
A bicicleta é, nas nosas cidades, un medio de facer deporte, non unha alternativa real de transporte. Os parques, zonas verdes e pouco máis son os redutos nos que é posible pedalear sen pór en risco a integridade física. Pero é que ademais dáse o paradoxo de que moitos cidadáns deben utilizar o automóbil para se achegaren a eses espazos, entre outras razóns porque se lles prohibe introducir a súa bicicleta no autobús ou no metro. Un elemento clave é a dotación de carrís bici, na que a escaseza é a norma. Así o constatou CONSUMER EROSKI no estudo que realizou en 18 capitais españolas. Dúas delas non dispoñen deste tipo de vías, noutras tres o equipamento é tan escaso que a proporción de habitantes por quilómetro de carril bici é superior a 50.000, e só en dúas se atopa por baixo dos 5.000 cidadáns por quilómetro de carril bici. A iso súmanse as carencias de aparcadoiros para bicicletas e a anecdótica conexión co transporte público. Xa que logo, os datos amosan que, salvo contadas excepcións, as cidades seguen a lle daren as costas á bicicleta.
CONSUMER EROSKI comprobou ata que punto a bicicleta é un medio de transporte urbano. Por unha banda, analizou 37 carrís bici e 11 servizos de alugueiro público de préstamo de bicicletas en 18 cidades españolas: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Por outra banda, remitiulles aos concellos un cuestionario para coñecer o equipamento co que contan para favorecer o uso da bicicleta.
Os resultados amosan que a viabilidade do uso da bicicleta como vehículo urbano está aínda lonxe de ser real. De feito, a valoración global non pasa dun insatisfactorio 'regular'. Por cidades, as capitais peor equipadas para desprazarse en bicicleta son Alacante e Oviedo, que suspenderon de xeito rotundo o exame cun 'moi mal'. A razón: non dispoñen de bicicarrís nin de servizo de alugueiro público de bicicletas. Murcia comparte esta nota porque tampouco conta con servizo de alugueiro e porque a súa dotación de carrís bici é insuficiente. Algo semellante acontece en Málaga, Granada, Valencia e na Coruña, que suspenderon cun 'mal'. No extremo oposto atópanse Barcelona, Bilbao, Córdoba, San Sebastián, Sevilla e Vitoria, que aprobaron cun 'ben'. Pamplona, Valladolid e Zaragoza recibiron un 'aceptable'; e Madrid e Santander non superaron o 'regular'.
Para que a bicicleta sexa unha alternativa real de transporte urbano, as cidades deben adaptarse a este vehículo. Velaquí algúns dos requisitos básicos:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI