Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Roubos de vehículos: A prudencia, o mellor sistema de alarma

A oferta de medios para evitar o roubo de vehículos medra cada ano, pero a precaución do propietario do coche, a moto ou a autocaravana é clave

 Os sistemas antirroubo deseñados para coches, autocaravanas e motos son cada vez máis complexos, sofisticados e caros, pero non máis efectivos, tal e como revelan os datos. En concreto, as estatísticas sinalan que en España se rouba un coche cada tres minutos, 480 ao día e case 175.000 vehículos ao ano. Un de cada cinco nunca aparece, o que lle supón ás aseguradoras un desembolso anual duns 80 millóns de euros. Os aparcamentos de aeroportos, grandes superficies, hospitais e estacións de tren son os escenarios elixidos polos ladróns para actuar, sobre todo durante os períodos de vacacións e de longas pontes. Aluaxes, despezamentos, comercialización por pezas ou exportación a outros países son algúns dos usos que se fan dos coches subtraídos. Ante este "boom" delituoso non de estrañar que estean a proliferar empresas privadas dedicadas á busca e recuperación de coches roubados. Os métodos para logralo pasan, en ocasións, por ofrecer unha recompensa. As preferencias dos ladróns do século XXI decántanse en maior medida por coches de luxo, pero ningún vehículo está a salvo de ser subtraído.

Aínda que as estatísticas non recollen o número de lamias roubadas, de lectores de CD, bolsos e carteiras subtraídas das guanteiras dos coches, estes pequenos roubos tamén son moi comúns. O único que variou cos anos é o grao de sofisticación dos obxectos roubados; ao igual que sucedeu hai tres décadas cos radiocasetes, agora os GPS convertéronse no obxectivo prioritario dos ladróns que, xunto con pezas de vestir, dispositivos de mans libres ou sofisticados equipos de música constitúen os seus principais achados. O xeito de se faceren con estes obxectos concrétase en dous tipos de actuación: forzar os fechos e romper os cristais, e, en maior medida, aproveitar os descoidos dos propietarios que deixan as portas ou ventás abertas. Por iso, a atención e a prudencia son tan importantes ou máis ca as ferramentas tecnolóxicas para evitar os roubos.

Buscacoches privados

Á marxe do labor de vixilancia e control policial, hai algunhas empresas privadas que se dedican á localización de vehículos roubados. Operan tanto a nivel internacional, tal é o caso de Robatori, como nacional (Aid-Car Coche Roubado) ou rexional (Compás), e nútrense dunha ampla rede de colaboradores entre os que se atopan taxistas, xubilados, mensaxeiros e calquera cidadán interesado en formar parte do equipo. Para acadaren o seu obxectivo válense de listaxes en Internet, de anuncios en prensa nacional, de pequenas tarxetas repartidas a grande escala... En numerosas ocasións, o éxito depende da recompensa que se ofreza polo vehículo desaparecido. En todo caso, o servizo de alta do vehículo e a publicación dos seus datos básicos (matrícula, marca, cor) en Internet adoita ser gratuíto. Por un desembolso de entre 10 e 50 euros anuais pódese engadir no detalle do vehículo un modo de contacto directo, ou calquera outro dato ou información complementaria.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto